VIZOÑO B: Miguel
, Queijas, Javi (Cristian 64), Rober, Martín, Iván, Iván Couceiro (David 68), Adri (Marcos 68´), Pablo (Marcos 60´), Oscar, Grobas (Alex 60´)
S.D. SAN MARTIÑO: Piqui, Alvaro, Félix (Taibo 39´), Uru, Fontxo, Canedo, Jose (Aleman 66´), Vichi, Marco (Beni 80´), Javi Glez., Alberto (Chiño 69´)
0-1 Canedo 48´.
0-2 Javi Glez. de penalti 62´.
0-3 Marco 78´.
1-3 Alex 81´.
O San Martiño que se presentaba con numerosas baixas a este partido (Nutxi, Gonzalez, Ivan, Marcos, Toño, Bassir e Juan) solventou a papeleta con solvencia e non dou opcións a un Vizoño que nunca inquedou a porta do líder. Na primeira parte levaron o peso do xogo os visitantes que se aproximaron a porta do Vizoño en remates de Alberto, Vicente e Marco en duas ocasións ademais de un remate de Fontxo o largueiro. Xa no segundo tempo foi Canedo de tiro dende fora da área pola escadra o que adiantou o San Martiño logo de que Jose fixera unha boa internada pola banda. Javi Glez. poñía o segundo no minuto 62 o transformar un penalti por mans claras de Queijas. O Vizoño parece que quixo despertar e dispuxo de unha boa ocasion de Marcos que saiu rozando o poste de Piqui. Xa no 78 Marco cerrou o partido tras un bo pase de Javi Glez. que o goleador colocou lonxe do alcance de Miguel. Xa no 81 Alex conseguiu o gol da honra pos locais.
Destacar a volta de Alberto despois de recuperarse dunha lesión e o debut de Taibo e Beni fichados debido o alto número de baixas e que van axudar a fortalecer a plantilla.
A vindeira seman partido de duelo directo nas alturas ante o terceiro clasificado Oza dos Rios que ven de gañarlle o Cerceda B, esperemos que poidamos xogar na casa despois da renovación do terreo de xogo de O Outeiro.
Redactor: TPS