lunes, 29 de noviembre de 2010

A ABELLA NON PICOU O SAN MARTIÑO

S.D. SAN MARTIÑO: Piqui, González (Alvaro 85´), Félix, Uru, Alberto, Bassir, Jose (Canedo 40´), Vichi, Nutxi (Marco 15´), Javi Glez. (Aleman 82´), Ivan

0-1 Javi Glez. de falta 22´.
0-2 Marco de cabeza 40´.

Importante victoria a acadada polo San Martiño na casa do hasta agora líder Abellá. Os visitantes que viñan de unha racha negativa cunha derrota fora e un empate na casa deron unha boa medida en Abella e impuxéronse merecidamente nun encontro no que dispuxeron das mellores ocasións. A primeira incidencia do partido chegou pronto xa que Nutxi producto de un plantillazo tivo que retirarse dando entrada a Marco. Afortunadamente todo quedou nun susto e so foi un golpe ahinda que o estado do pe asustaba bastante. Foi Javi Glez. o que cun perfecto lanzamento de falta adiantou o San Martiño. Seguiron os visitantes tendo o control do partido e dispuxeron de ocasións por medio de Vichi que lanzou moi cerca do pau e Jose que rechazou un defensa. Cerca do final deste primeiro tempo Marco, de cabeza, poñía o 0-2 tras un centro de Félix.
No segundo tempo endureciuse o partido e resultou expulsado Cachopan no minuto 60 quedando o Abellá en inferioridade. De todolos xeitos o Abella seguiu apretando a base de colgar balóns e ahí surxiu a figura de Alberto que se mostrou intratable nos balóns aéreos. Cun recital de tarxetas debido o xogo cada vez mais duro acabou o encontro con tres puntos moi importantes que aumentan considerablemente a moral dos xogadores laranxas.

lunes, 22 de noviembre de 2010

DEPRESION

S.D. SAN MARTIÑO: Piqui, González, Uru, Alberto, Félix, Basir, Javi Glez., Vichi (Juan 75´), Jose, Canedo (Iván 46´), Marco (Nutxi 46´)

Está claro que o San Martiño non lle senta ben xogar na casa. As escasas dimensións do campo fan que sexa un terreo propicio pa os rivais que se encerran no seu campo e con un pouco de orden e un bo xogo aéreo desbaratan os intentos dos xogadores locais que non encontran ocos por donde crear perigo. Así foi este partido no que o San Martiño levou o peso do xogo pero non conqueriu acadar o gol pese a dispoñer de algunha que outra ocación. O Cire limitouse a defender ordeadamente pero o certo e que non se achegou en ningún momento a meta de Piqui. O problema e que estes puntos perdidos na casa son moi dificiles de recuperar fora.

lunes, 15 de noviembre de 2010

FRENAZO

S.D. SAN MARTIÑO: Piqui, González, Uru, Fontxo, Félix, Basir, Javi Glez., Iván (Nutxi 75´), Canedo (Alberto 80´), Marco, Jose (Vichi 46´)

1-0 25´.
2-0 65´.
2-1 80´pp

Partido disputado nunha tarde totalmente invernal de frio e vento que desluciu totalmente o xogo e condicionou o desenrolo do mesmo. Pódese decir que o ganou o que tivo un maior acerto nas xogadas de fortuna que se produciron xa que os erros debido os resbalons e o vento foron continuos. Nese senso o Boimorto aproveitou mellor eses lances e adiantouse con un 2-0 que poñía o marcador moi costa arriba e so nos minutos finais, con un campo embarrado e impracticable, o San Martiño aercouse no marcador con un gol en propia porta de Jalecho pero non foi capaz de inquedar seriamente a porta do Boimorto.

lunes, 8 de noviembre de 2010

RECOBRANDO A SENDA PERDIDA

S.D. SAN MARTIÑO: Piqui, González (Alvaro 80´), Uru, Fontxo, Félix, Javi Glez., Vichi (Canedo 55´), Jose (Alemán 70´), Marco (Taibo 65´), Basir, Iván (Alberto 75´)

1-0 Javi Glez. 5´.
2-0 Javi Glez. de penalti  55´.
3-0 Marco 60´.
4-0 Taibo 75´.
5-0 Félix 85´.

Xornada plácida pa S. D. San Martiño que se desfixo con facilidade do At. Sobrado.
 Javi Glez. adiantou os locais a pouco de comenzar o partido e ahinda que o resultado se mantivo igualado durante o primeiro tempo o dominio e as ocasions caian do lado do San Martiño con algúnha que outra aproximación a porteria de Piqui. Xa no segundo tempo o novo gol de Javi no lanzamento dun penalti acabou por romper o encontro e foron sucedéndose as ocasións e os goles ata un total de 5 que fan esquecer os dous anteriores empates que baixaron un pouco a moral dos locais que non deben olvidarse que esto e unha carreira de fondo no que o que conta e o resultado final, e todos os equipos mais pronto ou mais tarde van pasar por momentos baixos.

martes, 2 de noviembre de 2010

REPARTO DE PUNTOS

S.D. SAN MARTIÑO: Piqui, González, Félix, Uru, Alfonso, Basir, Jose (Nutxi), Vichi (Alvaro), Marco, Javi Glez., Canedo

0-1 Javi Glez. de falta 4´.
1-1 43´.

Reparto de puntos entre dous equipos chamados a estar nos postos de arriba da clasificación. Comenzou marcando o San Martiño por medio de Javi que colocou na escadra un lanzamento de falta a pouco de empezar o partido pero o Curtis con un bo xogo de xeito combinativo fixose con  mando do partido e acadou o empate a pouco do descanso logo de un fallo da defensa visitante. Reaccionou o San Martiño e Félix dispuxo de unha boa ocasión que saiu rozando o pau.
No segundo tempo seguiu a mesma tónica, dominio do balón por parte do Curtis e o San Martiño que non se atopaba cómodo ahinda que sen grandes ocasións, so unha parada de Piqui nun saque de falta e unha boa oportunidade de Jose que mandou o balón fora a porta vacía. Nos últimos minutos so resaltar as expulsións de Nutxi e un xogador do Curtis.