martes, 2 de noviembre de 2010

REPARTO DE PUNTOS

S.D. SAN MARTIÑO: Piqui, González, Félix, Uru, Alfonso, Basir, Jose (Nutxi), Vichi (Alvaro), Marco, Javi Glez., Canedo

0-1 Javi Glez. de falta 4´.
1-1 43´.

Reparto de puntos entre dous equipos chamados a estar nos postos de arriba da clasificación. Comenzou marcando o San Martiño por medio de Javi que colocou na escadra un lanzamento de falta a pouco de empezar o partido pero o Curtis con un bo xogo de xeito combinativo fixose con  mando do partido e acadou o empate a pouco do descanso logo de un fallo da defensa visitante. Reaccionou o San Martiño e Félix dispuxo de unha boa ocasión que saiu rozando o pau.
No segundo tempo seguiu a mesma tónica, dominio do balón por parte do Curtis e o San Martiño que non se atopaba cómodo ahinda que sen grandes ocasións, so unha parada de Piqui nun saque de falta e unha boa oportunidade de Jose que mandou o balón fora a porta vacía. Nos últimos minutos so resaltar as expulsións de Nutxi e un xogador do Curtis.

No hay comentarios:

Publicar un comentario