lunes, 9 de mayo de 2011

MARCO-NALDO ARRASA

S.D. SAN MARTIÑO: Piqui, Chiño, Marcos (Alvaro 46´), Alberto (Juan 55´), González, Vichi (Toño 55´), Javi Glez., Canedo (Iván 46´), Nutxi, Taibo (Jose 55´), Marco

1-0 Taibo 7´.
2-0 Marco 11´.
3-0 Marco 25´.
4-0 Marco 43´.
5-0 Marco 57´.
6-0 Marco 64´.
7-0 Marco73´.
8-0 Marco 82´.
9-0 Marco 89´.

Pouco que contar no partido que pechaba a liga no Outeiro salvo a eficacia goleadora de Marco que acadou oito goles e conseguiu así o pichichi da liga con un gol por encima de Bareto.
Os locais dominaron totalmente o partido e foron acumulando ocasións e goles sin verse inquedados polo Bergondo en ningún momento. Marco con oito goles e algunha ocasión marrada, incluido un penalti, foi o protagonista e todos os seus compañeiros buscarono en repetidas ocasións e ata en oito dou co balón no fondo das redes.
Acaba así unha temporada que pode calificarse de boa co obxetivo do ascenso conseguido gracias a entrega e traballo de unha plantilla de xogadores mui implicados e que o longo de toda a liga non deixaron en ningún momento de traballar nos adestramentos.
Agora a preparar a derradeira celebración que será o luns 16 cunha churrascada pa todo aquel que queira acudir previo pago de 12 euros e unha gran verbena coas orquestras Palladium e Triunfo.
Noraboa a toda a familia do San Martiño e a preparar a vindeira temporada en 2ª.
¡SAN MARTIÑO OE!

No hay comentarios:

Publicar un comentario