lunes, 21 de noviembre de 2011

CINCO DE UNHA TACADA

S.D. SAN MARTIÑO: Castro, González, Marcos (José Pereiro 55´), Juan, Félix, Javi Glez., Vichi, Jose (Javi Peón 55´), Víctor, Albertiño, Marco.

1-0 50´.
2-0 56´.
3-0 62´.
4-0 71´.
5-0 85´.

Tarde penosa po San Martiño que caeu derrotado de maneira contundente en Mabegondo ante un San Tirso que soupo esperar o seu momento pois se ben no primeiro tempo os visitantes foron superiores os locais, na segunda parte e logo dun comenzo fulgurante o San Tiro pasou por encima dos de laranxa sen darlle ningunha opción a meterse no partido.
Comenzou ben o SM dominando e aproximándose con perigo a meta do San Tirso con boas ocasións pa Javi Glez e obre todo pa Víctor que se topou co longueiro. Parecía que o gol chegaría en calquer momento pero os locais capearon o temporal e mantiveron o marcador a cero a espera dun descanso que o cambiou todo.
Quince minutos bastaron no segundo tempo pa deixar resolto o partido xa que mentras os locais sairon totalmente enchufados os visitantes desertaron do partido e deixaron toda unha autopista pola que os xogadores do San Tirso campaban as suas anchas. Pouco se pode salvar desta segunda parte salvo os intentos de Vichi ou as paradas de Castro que evitaron unha derrota ahinda mais abultada.
Esperemos que esto sexa un accidente e como sempre se dixo "val mais perder un partido por cinco a cero que cinco partidos por un a cero".

No hay comentarios:

Publicar un comentario