lunes, 23 de enero de 2012

CEROCERISMO EN CAMBRE

S.D. SAN MARTIÑO: Castro, González, Javi Peón, Juan, Marcos, Toño, Albertiño (Canedo 74´), Vichi, Marco (Iván 70´), Javi Glez., Víctor (José Pereiro 70´).

SP. CAMBRE: Pablo, Rafa, Anido, Arcas, Prosi, José, Michel, Alex (MIki 65´), Juli (Bruno 65´), Juan Doce, Brais.

O San Martiño acadou un traballado empate no desplazamento a Cambre, un dos equipos potentes da categoría, e fixo logo de relizar un partido serio, cun bo sistema defensivo e incluso puido traer os tres puntos nun treito final de partido no que dispuxo de unha clara ocasión nos pes de Canedo.
O dominio do encontro en canto a posesión do balón foi do Cambre que circulaba ben pero non era capaz de crear ocasións importantes e as poucas das que dispuxo atopouse cun inspirado Castro que mantivo a sua portería a cero. Nunha destas contadas ocacións Castro mandou o balón a corner rozando incluso o longueiro e no saque posterior o balon volveu a tocar a madeira logo de tocalo Toño. No saque de este corner o balón acabou non fondo da portería pero o colexiado xa pitara anteriormente por falta sobre o porteiro. Polo bando visitante so Albertiño cunha volea dende fora da área puxo algo de perigo.
No segundo tempo o San Martiño sacudiuse o dominio e achegouse a meta do Cambre e foi José Pereiro quen de chilena puxo o susto na cara dos  locais. Iván e Javi dispuxeron de remates que se foron por fora por pouco e finalmente Canedo tuvo a victoria nos seus pes pero o tiro saiu a rentes do pau..

No hay comentarios:

Publicar un comentario