martes, 28 de febrero de 2012

CLASIFICACION E RESULTADOS XORNADA 28ª

http://www.siguetuliga.com/?s=liga&fc=jornadaActual&id=22

ANTROIDADA

S.D. SAN MARTIÑO: Castro, Félix, Javi Peón, Marcos, Juan, Toño, Albertiño (Canedo 68´), Vichi, Jose Pereiro (Iván 64´), Javi Glez., Victor (González 61´).
DORNEDA C.F.: Rubén, Carlos, Adrián, Alejandro, Alex López, Carlos, Adrián, Fernando, Alberto (Marco 65´), Paolo (Juan 83´), Daniel.

0-1 Daniel 93´.

Como ven sendo habitual o primeiro tempo foi un regalo por parte do San Martiño que deixou que o Dorneda merodease a portería de Castro ahinda que sen grandes ocasións. Os locais ahinda ca sobremesa tomáronse un pequeno descansiño e esperaron que chegara o descanso pa meterse no partido e tentar achegarse a meta contraria cousa que tentaron especialmente dende a entrada de González que dende a banda poñía uns balóns que acarreaban moito perigo ahinda que sen resultado. A mais clara destas aproximacións do xogador da Ambroa foi cando cun percto pase da morte deixou o balón nos pes de Toño que dende o punto de penalti remata e xa co porteiro batido o balón da no pe dun defensor e sae fora. Pa rematar, a xogada desgraciada no desconto, nunha das escasas aproximacións do Dorneda neste segundo tempo, cun balón colgado que rechaza Toño ca mala sorte de que rebota na cabeza do xogador do Dorneda  Daniel  e acaba no fondo da portería dun sorprendido Castro que nada puido facer.

lunes, 20 de febrero de 2012

CLASIFICACION E RESULTADOS 26ª XORNADA

http://www.siguetuliga.com/?s=liga&id=22

O FUME DA REFINERIA NON DEIXA CARBURAR O SAN MARTIÑO

S.D. SAN MARTIÑO: Piqui, Gonzalez, Javi Peón, Bassir, Juan (Alberto 80´), Toño, Canedo (Félix 46´), Vichi, Albertiño (José Pereiro 63´), Iván (Marco 60´), Víctor.
SP. MEICENDE: Asier, Javi, Candame, Jorge, Taibo, Soto (Miki 82´), Varela (Brais 80´), Andrade, Figueroa (Pardo 85´), Diego (Carlos 89´), Rábade (Fuentes 87´).
1-0 38´.
Tarde desafortunada po San Martiño que non estuvo na sua línea habitual e viu como o Meicende se facía con tres puntos que lle dan unha bocanada de aire na sua loita por evitar o descenso. Os visitantes non crearon caseque perigo mentras os locais acercábanse esporádicamente a meta de Piqui, que volvía tras a sua lesión, tendo este que intervir ante Rábade que cruzou fora e sacando un remate a boca de xerro nos pes de Figueroa.  Xa no minuto 38 adiantouse o Meicende cun tiro raso ante o que nada puido facer Piqui. Ata o final so un acercamento por parte do Meicende cun tiro que mandou cunha boa estirada Piqui a córner.
No segundo tempo tentouno algo mais o SM pero careceu de profundidade e foron os locais quen contragolpeando se acercaban os dominios do porteiro visitante. Con todo esto puido chegar o empate nunha ocasión a piques de rematar o partido cando Félix, de chilena, rematou a saída dun corner pero o balón foise fora por pouco.

lunes, 13 de febrero de 2012

CLASIFICACION E RESULTADOS 25ª XORNADA

http://www.siguetuliga.com/?s=liga&id=22

SABADO SABADETE CAMISETA LIMPA E TRIPLETE

S.D SAN MARTIÑO: Castro, Javi Peón, Félix, Alberto, Juan, Toño, González (Canedo 85´), Vichi, José Pereiro (Albertiño 46´), Javi Glez. (Iván 80´), e Víctor Marco 70´).
MESON DO BENTO: Piña, Antonio, Bodelo, Adrián, Estebán, Sergio, Alberto, Gonzalo, Oscar (Víctor 45´), Suso, Manuel (iván 45´).

0-1 Suso de penalti 63´.
1-1 Javi Glez. de penalti 65´.
2-1 Javi Glez 80´.
3-1 Marco 90´.

Partido que se resume no ocurrido no segundo tempo xa que o primeiro transcurriu sen nada que contar cun lixeiro dominio local pero sen acercamentos a ningunha das porterías.
Despois do largo descanso (45 minutos do 1º tempo e 15 do intermedio) os locais saíron decididos a darlle intensidade o partido e por medio de González cun bo centro que Victor toca e Albertiño estrela contra un defensa. Tamén foi Gonzalez que puido adiantar o SM pero atopouse co porteiro que estivo atinado despexando co pe un tiro que buscaba a rede. No minuto 18 Juan cede a Castro quedándose o envio un pouco corto e Suso adiántase cometendo penalti o porteiro que tamén foi expulsado. Toño colocouse baixo os paus ata o final do partido e recibiu o gol do Meson no lanzamento do penalti por medio de Suso. Os locais lonxe de baixar os brazos foron a polo partido e case a renglón seguido unha clara man dun defensa do Mesón supon un novo penalti e nova expulsión esta vez a favor do SM perfectamente transformado por Javi Glez. Contrariamente o que fixera o SM o Meson si que se sentiu moi ferido polas circunstancias e os locais mais enteiros fisícamente acumularon chegadas a porta do Mesón que o seu porteiro resolviu con acerto ata que JJavi Glez. cun tiro cruzado dende a frontar acadou o 2 a 1 que facía xustiza no marcador. Marco cerca do final redondeou o resultado cun tiro dende case o medio campo por enriba do porteiro.

jueves, 9 de febrero de 2012

CLASIFICACION E RESULTADOS XORNADA 24ª

http://www.siguetuliga.com/?s=liga&id=22

AS MATEMATICAS NON SON EXACTAS - O SAN MARTIÑO METE CATRO O QUEIXAS NINGUN E EMPATAMOS

S.D. SAN MARTIÑO: Castro, Bassir, Alberto, Javi Peón, Félix, Toño, Vichi, Víctor, Iván (González 55´), Javi Glez. e Marco (José Pereira 55´)
C.D. QUEIXAS: Anxo, Iván, Junior, Villaverde, Maka, MInguilla, Alex (Alberto Pallas 80´), Mikael (Rubén 70´), Damián (Toñito 85´), Toti (Compi 60´) e Alvaro.

1-0 Remate de Alvaro que Alberto desvía a sua portería 20´.
2-0 Javi Peón en propia porta 35´.
2-1 Victor 50´.
2-2 Vichi 75´.

Derby intenso o xogado o domingo entre Queixas e San Martiño pero con unha gran deportividade e momentos de bo fútbol sobre todo por parte do San Martiño que logo de ir perdendo por dous a cero acadou unha remontada cun segundo tempo no que se mostrou superior o Queixas.
O primeiro tempo non dou moito de si xa que o Queixas a base de xogo directo foi o único equipo que tentou buscar o gol ahinda que sen moito acerto salvo polo feito de que os de laranxa foron os que batiron o seu propio porteiro nas duas ocasións nas que se moviu o marcador. O SM parecía fora do partido e o Queixas sen facer nada destacable puxose cun marcador cómodo que parecía asegurar os tres puntos.
Xa non segundo tempo todo cambiou e apareceu a "laranxa mecánica" que a base dun xogo bonito e efectivo conseguiu acadar o empate e dispuxo de ocasións para levarse a victoria nos pes de Alberto e sobre todo Javi cerca do final. O Queixas capeou o temporal como puido e tamén dispuxo de unha ocasión clara que Castro desbaratou ante Rubén.