S.D. SAN MARTIÑO: Castro, Bassir, Alberto, Javi Peón, Félix, Toño, Vichi, Víctor, Iván (González 55´), Javi Glez. e Marco (José Pereira 55´)
C.D. QUEIXAS: Anxo, Iván, Junior, Villaverde, Maka, MInguilla, Alex (Alberto Pallas 80´), Mikael (Rubén 70´), Damián (Toñito 85´), Toti (Compi 60´) e Alvaro.
1-0 Remate de Alvaro que Alberto desvía a sua portería 20´.
2-0 Javi Peón en propia porta 35´.
2-1 Victor 50´.
2-2 Vichi 75´.
Derby intenso o xogado o domingo entre Queixas e San Martiño pero con unha gran deportividade e momentos de bo fútbol sobre todo por parte do San Martiño que logo de ir perdendo por dous a cero acadou unha remontada cun segundo tempo no que se mostrou superior o Queixas.
O primeiro tempo non dou moito de si xa que o Queixas a base de xogo directo foi o único equipo que tentou buscar o gol ahinda que sen moito acerto salvo polo feito de que os de laranxa foron os que batiron o seu propio porteiro nas duas ocasións nas que se moviu o marcador. O SM parecía fora do partido e o Queixas sen facer nada destacable puxose cun marcador cómodo que parecía asegurar os tres puntos.
Xa non segundo tempo todo cambiou e apareceu a "laranxa mecánica" que a base dun xogo bonito e efectivo conseguiu acadar o empate e dispuxo de ocasións para levarse a victoria nos pes de Alberto e sobre todo Javi cerca do final. O Queixas capeou o temporal como puido e tamén dispuxo de unha ocasión clara que Castro desbaratou ante Rubén.
Moi bo o encabezamento da cronica e pareceme muy correcto o resumen do partido. Eu este ano ainda non vin ningun equipo q xogara tan ben como o SM na 2° parte.Sorte o Queixas q a merecen tanto po los xogadores, aficionados e mister.
ResponderEliminar