lunes, 24 de septiembre de 2012

CLASIFICACION E RESULTADOS 4ª XORNADA

http://www.siguetuliga.com/liga/galicia-segunda-autonomica-grupo-2

OS DO SAN MARTIÑO SABEN NADAR E GARDAR A ROUPA

S.D. SAN MARTIÑO: Piqui, Félix, Bassir, Cabezas, Chaba, Iván, Albertiño (Canedo 84´), Jose Pereiro (Marcos 68´), Dubra, Javi Glez. (Víctor 78´), Damián (Marco 85´)
U.D. PAIOSACO: Rama, Maikol, Muiño, José Luis, Johny (Vicente 86¨), Chapu, Heber, Manu (Dani 72´), Carlos, Jairo, Pelucas.

1-0 Damián 74´.

Partido marcado pola choiva e o vento que nos acompañou o fin de semán e que condicionou totalmente o xogo dos dous equipos. Foi un partido no que os dous conxuntos  fixeron unha demostración de poderio físico ante as adversidades climatolóxicas nun campo cun cesped perfecto pero totalmente anegado que impedía a circulacióne e incluso o golpeo do balón. Ante estes condicionantes pouco mais se lle podia pedir os xogadores que entrega e tentar aproveitar algun rexeite ou algunha frenada do balón nas moitas pozas que había no terreo. E precisamente foi Damián o que no minuto 74 aproveitou un balón que se quedou parado pola auga nun envio longo e acadou o único gol do partido gañandolle a partida o defensa e burlando a desesperada saída de Rama, deixando os tres puntos no Outeiro que colocan o SM nos postos altos da táboa. Xa cerca do final o Peisaco tería unha boa oportunidade que sacaron entre Piqui e Bassir da liña de gol, reclamando os da vila das cereixas que o balón entrara pero o resultado non se moviu.
Os locais seguen a rendabilizar os seus goles e xa son o equipo menos goleado e tamen o menos goleador.

jueves, 20 de septiembre de 2012

CLASIFICACION E RESULTADOS 3ª XORNADA

http://www.siguetuliga.com/liga/galicia-segunda-autonomica-grupo-2

O SAN MARTIÑO NON PASOU POLO MATADEIRO

S.D. SAN MARTIÑO: Piqui, Félix, Bassir, Alberto (José Pereira 45´), Chaba, Toño (Canedo 57´), Iván, Dubra (González 45´), Albertiño, Javi Glez., Marcos (Víctor 60´)
O BURGO: Adrián, Iago, Brais (Apu 80´), Isma, Champi, Bruno, Edu (Yango 60´), Tono (Berti 65´), Dani, Borja (Carlitos 40´), Raulito.

Primeira victoria do SM a domicilio e boas sensacións as que ofreciu o equipo laranxa que controlou o encontro en todo momento mostrando unha gran seguridade defensiva e unha boa circulación de balón que fixo que os locais se viran impotentes pa chegar a porta de Piqui. Foi un partido de poucas ocasións e as mellores foron pos visitantes que se adiantarian no marcador nun contragolpe perfectamente levado por Marcos que pese a que se escorou demasiado resolviu de maneira fantástica mandado o balón a escadra do portal que defendía Adrián. Minutos despois sería Albertiño o que cunha preciosa vaselina rondase o 2-0 pero foiselle por centímetros. Na segunda metade pouco que contar xa que o SM non pasou apuros e pola contra puido incrementar o marcador nun tiro de Víctor que se iría o pau.

miércoles, 12 de septiembre de 2012

CLASIFICACION E RESULTADOS 2ª XORNADA

http://www.siguetuliga.com/liga/galicia-segunda-autonomica-grupo-2

ENTRE GONZALEZ COCIUSE A VICTORIA

S.D. SAN MARTIÑO: Piqui, Félix, Bassir, Cabezas (González 80´), Chaba, Toño, Albertiño, Javi Glez., Jose (Iván 46´), Marcos (Canedo 60´), Marco (Jose Pereira 46´)
C.D. LARIN: Suso, Rubio, Andrés, Rodri, Mitolis (Manu 73´), Maxi, Piris, Román (Martín 70´), Lepi (Galindo 54´), Ivo (Kun 82´), Balbís.

1-0 Javi Glez. 66´.
2-0 González 87´.

Partido tremendamente disputado con poucas ocasións claras na 1ª parte e cun dominio alterno o que poñía certa emoción a falta de oportunidades. Xa no segundo tempo os locais parecían impoñerse a base de un maior poderío físico e un mellor control do balón pero o Larín cun xogo mais directo poñía en algún apreto a zaga local. Nunha destas ocasións de control de balón por parte do SM Iván e Albertiño trenzaron unha bo a xogada cun pase atrás deste último que Javi Glez rematou lonxe do alcance po porteiro visitante Suso. Xa no treito final un sorprendente envío largo de González sorprendeu a Suso e cerrou o marcador pese a que o Larín dispuxo de unha ocasión inmellorable pero cando todos cantaban gol apareciu Piqui mandando o balón a corner e gañándose a mellor ovación da tarde.

MIKI

lunes, 3 de septiembre de 2012

CLASIFICACION E RESULTADOS 1ª XORNADA

http://www.siguetuliga.com/liga/galicia-segunda-autonomica-grupo-2

OS OBREIROS SACARON O TRABALLO A DIANTE

S.D. SAN MARTIÑO: Piqui, González, Bassir, Cabezas, Chaba, Toño, Albertiño, (José Pereira 85¨), Dubra, Marcos (Iván 70´), Javi Glez. (Félix 88´), Víctor (Marco 80¨)
DEP. OBRERO: Figo, Lozano, Criado (Eloi 56¨), Dario, Pablo (Dani 73¨), Charli, Dono (Denís 69´), Mariño, Gabi, Carlitos (Galán 73´), Danone.

1-0 Charli 35´.
1-1 Javi Glez. 60´.
2-1 Lozano 89´.

Partido dominado na 1ª parte polo Obrero apretando ben a saída de balón do SM. Adiantáronse no marcador os locais por medio de Charli e a vantaxe ahinda puido ser mais amplia pero o descerto da dianteira do Obrero nunhas ocasións e o acerto de Piqui en outras fixeron que o partido chegase o descanso cunha mínima superioridade local no marcador.
No segundo tempo os visitantes melloraron un pouco pero seguía sendo o Obrero o que levaba a voz cantante e dispoñia de mellores ocasións. Nunha das poucas ocasións visitantes apareciu González que dende a banda dereita puco un preciso balón que Javi Glez rematou de cabeza a rede. Complicouse ahinda mais o partido po SM ca expulsión de Dubra por doble cartón marelo e os de laranxa sufriron moito no tramo final ata que Lozano nos minutos finais acadou o segundo do Obrero e pese a que Marco no desconto rematou de cabeza rozando o pau os tres puntos quedaron en Oleiros.