S.D. SAN MARTIÑO: Piqui, Félix, Bassir, Cabezas, Chaba, Iván, Albertiño (Canedo 84´), Jose Pereiro (Marcos 68´), Dubra, Javi Glez. (Víctor 78´), Damián (Marco 85´)
U.D. PAIOSACO: Rama, Maikol, Muiño, José Luis, Johny (Vicente 86¨), Chapu, Heber, Manu (Dani 72´), Carlos, Jairo, Pelucas.
1-0 Damián 74´.
Partido marcado pola choiva e o vento que nos acompañou o fin de semán e que condicionou totalmente o xogo dos dous equipos. Foi un partido no que os dous conxuntos fixeron unha demostración de poderio físico ante as adversidades climatolóxicas nun campo cun cesped perfecto pero totalmente anegado que impedía a circulacióne e incluso o golpeo do balón. Ante estes condicionantes pouco mais se lle podia pedir os xogadores que entrega e tentar aproveitar algun rexeite ou algunha frenada do balón nas moitas pozas que había no terreo. E precisamente foi Damián o que no minuto 74 aproveitou un balón que se quedou parado pola auga nun envio longo e acadou o único gol do partido gañandolle a partida o defensa e burlando a desesperada saída de Rama, deixando os tres puntos no Outeiro que colocan o SM nos postos altos da táboa. Xa cerca do final o Peisaco tería unha boa oportunidade que sacaron entre Piqui e Bassir da liña de gol, reclamando os da vila das cereixas que o balón entrara pero o resultado non se moviu.
Os locais seguen a rendabilizar os seus goles e xa son o equipo menos goleado e tamen o menos goleador.
No hay comentarios:
Publicar un comentario