martes, 9 de octubre de 2012
O SANTO PASOU POR ENRIBA DA SANTA
S.D. SAN MARTIÑO: Piqui (Charli 80´), González, Félix, Cabezas, Alberto, Iván (Víctor 61´), Jose (Canedo 51´), Dubra, Damián (Marco 67´), Javi Glez., Marcos.
SANTA CRUZ. Nano, Mei, Temprano, Jon (J. Carlos 76´), Diego (Jacobo 58´), Cristián, Pedro, Víctor (Javi 62´), Guizmo, Novo (Portos 70´), Vidal (Lamas 48´)
1-0 Dubra 10´.
2-0 Marcos 17´.
2-1 Pedro 32´.
3-1 González 44´.
Partido dominado de principio a fin polo SM que se adiantou pronto por medio de Dubra tras un centro de Damián e pouco despois Marcos acadaba o segundo rematando unha boa asistencia de Javi Glez. dende a linea de fondo. Tardou en reaccionar o Santa Cruz e sería Pedro quen aproveitando un saque de banda mandou o balón a escadra nun bo remate de cabeza ante o que nada puido facer Piqui. Pero pronto se lle acabaron os folgos os visitantes xa que González cun lanzamento dende a frontal da área poñía o terceiro e caseque cerraba o partido. Xa no segundo tempo os locais dominaron completamente a situación e puideron incrementar o marcador pero unhas veces o desacerto dos dianteiros e outra as boas paradas de Nano impediron que se movese o marcador. O SM sitúase nos postos altos da táboa e mira de cerca os grandes favoritos.
martes, 2 de octubre de 2012
OS DO SAN MARTIÑO ESTAN MAIS CURTIDOS
S.D. SAN MARTIÑO: Piqui, Félix, Bassir, Toño, Chaba, Iván,Javi Glez., Dubra, Albertiño, Víctor (Marcos 68´) Damián (Jose 61´)
C.D. CURTIS: Angel, Santos, Carlos, Miguelito, Alvaro, David, Iván, Oscar, Jairo (García 52´), Freire (Jacobo 63´), Modou.
0-1 Javi Glez. de penalti 52´.
1-1 Oscar de penalti 59´.
O SM trouxo un punto de Curtis e fai que a racha de resultados positivos continúe rondando os postos altos da táboa. Non foi un partido vibrante nin moito menos e as ocasións de gol foron escasas por ambolos dous lados, tan so Albertiño se achegou con perigo cando sorteou o porteiro pero o seu tiro foise por enriba do longueiro. No segundo tempo seguiu a mesma tónica en canto a xogo sen un claro dominador e o colexiado reparteu as penas maximas, unha por bando, que foron transformadas por Javi e Oscar. Xa cerca do final os visitantes a saída dos lanzamentos de corner dispuxeron de algunha ocasión de perigo pero todo rematou con reparto de puntos e boa recadación pa federación xa que o colexiado cansouse de mostrar cartóns, ata 10 polo menos, sen motivo xa que foi un partido limpo sen entradas nin malos modos por parte de ningún dos equipos.

Suscribirse a:
Comentarios (Atom)