martes, 9 de octubre de 2012

O SANTO PASOU POR ENRIBA DA SANTA

S.D. SAN MARTIÑO: Piqui (Charli 80´), González, Félix, Cabezas, Alberto, Iván (Víctor 61´), Jose (Canedo 51´), Dubra, Damián (Marco 67´), Javi Glez., Marcos.
SANTA CRUZ. Nano, Mei, Temprano, Jon (J. Carlos 76´), Diego (Jacobo 58´), Cristián, Pedro, Víctor (Javi 62´), Guizmo, Novo (Portos 70´), Vidal (Lamas 48´)

1-0 Dubra 10´.
2-0 Marcos 17´.
2-1 Pedro 32´.
3-1 González 44´.

Partido dominado de principio a fin polo SM que se adiantou pronto por medio de Dubra tras un centro de Damián e pouco despois Marcos acadaba o segundo rematando unha boa asistencia de Javi Glez. dende a linea de fondo. Tardou en reaccionar o Santa Cruz e sería Pedro quen aproveitando un saque de banda mandou o balón a escadra nun bo remate de cabeza  ante o que nada puido facer Piqui. Pero pronto se lle acabaron os folgos os visitantes xa que González cun lanzamento dende a frontal da área poñía o terceiro e caseque cerraba o partido. Xa no segundo tempo os locais dominaron completamente a situación e puideron  incrementar o marcador pero unhas veces o desacerto dos dianteiros e outra as boas paradas de Nano impediron que se movese o marcador. O SM sitúase nos postos altos da táboa e mira de cerca os grandes favoritos.

1 comentario: