lunes, 6 de diciembre de 2010

ESTO NECESITA RE-TOQUES

S.D. SAN MARTIÑO: Piqui, Alvaro (Canedo 46´), Juan, Uru, Félix, Bassir (Beni 60´), Javi Glez., Vichi, Iván (Marcos 45´), Marco, Alberto.

0-1 Bareto 30´.
1-1 Marco 60´.
1-2 Bareto 65´.

Tropezón do San Martiño como case sempre na casa ante un rival teóricamente inferior pero que aproveitou perfectamente as circunstancias e acadou os tres puntos. Comenzou o partido cunha sorpresa no plantexamento inicial xa que Alberto situouse na vangarda do ataque xunto a Marco pa aproveitar os moitos balóns aéreos que se iban a producir. As inclemencias do tempo xogaron a favor dos visitantes xa que calquer intento de facer un futbol a ras de chan era prácticamente imposible, o aire e o mal estado do campo,mui resbaladizo,facían imposible as combinacións. Con este panorama o Toques aproveitou as posibilidades de contragolpe e se ben Bareto conseguiu o 0-1 tamén dispuxeron de un par de ocasións claras que desbaratou Piqui os pes dos dianteiros visitantes. Pola banda do San Martiño so Marco intentou, con pouco acerto, perforar a meta do Toques. No segundo tempo seguiuse a mesma tónica e pese a que o San Martiño acadou o empate por medio de Marco case a renglón seguido Bareto volvía a adiantar os de Toques, que sen moitos esforzos conseguían manter o resultado ata o final.

No hay comentarios:

Publicar un comentario