S.D. SAN MARTIÑO: Piqui (Canedo 40´), González, Félix (Alvaro 77´), Juan, Alberto, Toño, Jose, Vichi, Marco (Basir 75´), Javi Glez., Iván (Marcos76´),
ENCROBAS C.F.: Mosquera, Carlos, Alex, Anton, Alberto Souto, Carlos Lucin, Mareque, Amor, Suso, Juan, Aradas.
1-0 Jose 73´.
Derbi local entre dous equipos moi distanciados na taboa pero como caseque todos os derbis de xogo trabado e incerto resultado. O Encrobas a verdade e que non inquedou moito a porta do San Martiño pero os locais tampouco estiveron demasiado lucidos e salvo esporádicas ocasións non crearon perigo pese a o seu dominio total do partido. Unha falta de Javi Glez. o pau e un centro de González que tamen dou no longueiro foron as xogadas de maior perigo do San Martiño neste primeiro tempo que xa cerca do final sufriu a lesión do porteiro Piqui que tivo que ser sustituido por Canedo, pasando Toño a portería a falta de porteiro suplente. A lesión quedouse nunha luxación dun dedo que lle foi recolocado e agora a ver se este parón de nadal e suficiente pa recuperación.
No segundo tempo mais dominio dos locais e ningunha aproximación do Encrobas ata que no 73 nun centro de González o porteiro non acerta a coller o balón e Jose que seguía atento a xogada consigue o gol da victoria. Antes o Encrobas quedara con dez despois da expulsión de Amor e xa no final do partido Mareque tamén colliu o camiño dos vestiarios antes de tempo.
Resumindo tres puntos mui importantes nunha semana un pouco axetreada que manteñen o equipo nos postos de cabeza.
No hay comentarios:
Publicar un comentario