lunes, 28 de febrero de 2011

CLASIFICACION E RESULTADOS XORNADA 25

http://www.elcorreogallego.es/deportes/clasificaciones-deportivas/futbol-aficionado/ecg/t-grupo-4/idCategoria-32/?idResultadoDeportivo=15604

SANGRE SUDOR E LAGRIMAS

OZA DOS RIOS: Rey, Pedro (Fran 87´), Alberto, Rodrigo, Adrian, Jalón (Saavedra 76´), Miguel (J. Antonio 77´), Mathew, Diego, Pablo, Julio (David 46´).
S.D. SAN MARTIÑO: Piqui, González, Uru, Juan, Félix (Alberto 75´), Toño, Vichi (Alvaro 80´), Javi Glez. Canedo (Marcos 62´), Jose, Marco (Nutxi 58´)

0-1 Javi Glez. 70´.

Gran paso o dado polo San Martiño en Oza conseguindo os tres puntos ante un rival directo logo de un encontro de moita tensión e moito xogo duro sobre todo na segunda metade. Comenzou o Oza mantendo a iniciativa do xogo ahinda que sin inquedar a meta de Piqui salvo nun tiro dende fora da área que atallou ben o porteiro, o resto balóns colgados e faltas que foron ben defendidas ahinda que con algún susto por falta de entendemento entre defensas e porteiro e un balón que acabou no longueiro. Os visitantes non conseguían achegarse a meta do Oza salvo en algun contrataque pero sin ningún perigo.
Na segunda parte a tensión do partido incrementouse e empezaron a aflorar as tarxetas caseque todas por xogo duro ahinda que nalgún caso o color das cartulinas podía ser roxo en lugar de amarelo. O San Martiño estirouse e adiantou un pouco as suas líneas e empezou a crear perigo e puido adiantarse nun tiro de Jose que se foi cerca do pau. Jose volvia tolos os defensas locais que non atopaban outra maneira de frealo que a base de faltas, algunha delas de caracter moi violento o que levou o colexiado a, despois de moitas e repetidas entradas, expulsar por doble carton amarelo a Rodrigo. Nunha das faltas foi Javi Glez quen acadou o gol do San Martiño e adiantou os visitantes. A partires dese momento recital de pito do colexiado que se inventou varias faltas en contra do San Martiño cerca da área pero ningunha delas foi aprobeitada polos lanzadores locais. Nova expulsión de Adriansan por doble amarela e os locais que quedaban con 9 e últimos balóns colgados a desesperada que foron ben resoltos polos xogadores do San Martiño.

lunes, 21 de febrero de 2011

CLASIFICACION E RESULTADOS XORNADA 24ª

http://www.elcorreogallego.es/deportes/clasificaciones-deportivas/futbol-aficionado/ecg/t-grupo-4/idCategoria-32/?idResultadoDeportivo=15474

DOMINGO DE RESACA

S.D. SAN MARTIÑO: Piqui, González, Félix, Uru (Fontxo 60´), Alberto, Marcos (Alvaro 68´), Jose (Nutxi 65´), Vichi, Marco, Javi Glez, Canedo (Chiño 72¨)
VIZOÑO B: Román, Souto, Javi, Iago, Paris, Ivo, David, Marcos, Abel, Grobas, Ivan. Tamén xogaron Oscar, Diego e Fuco.

0-1 Grobas 23´.
1-1 Marcos 32´.
2-1 Javi Glez. 47´.
3-1 Jose 60´.

Traballada victoria do San Martiño ante un Vizoño B peleón e ben situado no terreo de xogo. Comenzaron os locais algo despistados, algo normal despois da festa do día anterior e pese a dispoñer de ocasions sobre todo nos pes de Javi, foron os visitantes os que se adiantaron despois dunha boa maniobra de Grobas que disparou lonxe do alcance de Piqui. O xogo do San Martiño seguía sen ser todo o fluido que se esperaba e empeñábanse en entrar polo centro. No minuto 34 Marcos remata no primeiro pau un corner sacado por Javi e acada o empate.
Tas o descanso o partido mudou e o San Martiño fixose totalmente co control acumulando ocasións e Javi tras centro de González puxo o 2-1. Novas ocasions marradas por Javi e Marco con tiro o longueiro incluido e Jose de cabeza poñía o 3-1 logo dun cabezazo que batiu a Román.  Co colexiado algo despistado, perdonou a roxa o central do Vizoño Cando agarrou a Javi que se iba solo cara portería, o choque chegou os seus minutos finais co control da situación por parte dos locais que despois desta victoria visitarán Oza no choque da xornada o domingo as 5.30 da tarde.

lunes, 14 de febrero de 2011

CLASIFICACION E RESULTADOS XORNADA 23ª

http://www.elcorreogallego.es/deportes/clasificaciones-deportivas/futbol-aficionado/ecg/t-grupo-4/idCategoria-32/?idResultadoDeportivo=15366

O NUMERO DE ASPIRANTES REDUCESE

S.D. SAN MARTIÑO: Piqui, González, Juan, Uru (Marcos 46´), Alberto, Toño (Chiño 80´), Jose (Iván 83´), Vichi, Marco (Taibo 63´), Javi Glez., Canedo (Félix 58´)
VISANTOÑA C.F.: Javi, Oscar, Diego, Candal, Jacobo, Adrián, Pablo, David Betanzos, Borja, Moisés, Juan. Tamen xogaron Luis, Moisés, Marcos, Alvaro e Cristian.

Xusta victoria acadada polo San Martiño ante o Visantoña que plantou cara e por momentos levou a iniciativa do xogo. Comenzou dominando o equipo local e creando ocasions na meta de Javi por medio de Alberto cun remate o poste e un cabezazo fora de Jose cando se atopaba solo no segundo pau logo de un centro de González. No minuto 21 Juan cun pase longo conecta con Javi Glez. que diante do porteiro controla e acada o primeiro da tarde. Este gol que debería darlle tranquilidade os locais espoleou os visitantes e primeiro nun contrataque propiciado por unha perda de balón de Vichi e logo producto dun mal despexe de Alberto dispuxeron das suas únicas aproximacions a porta de Piqui.
Na segunda metade sairon os de Visantoña dispostos a crear problemas e dominaron un pouco mais a posesión de balón pero as ocasións iban caendo do lado dos locais que viron como Javi facía autenticos paradóns a tiros de Juan, Vichi e Taibo ahinda que nada puido facer nun tiro por enriba de Jose tras un bo servizo de Vichi. En resumen bo partido do San Martiño ante un conxunto que dispon de bos xogadores que probablemente debería estar mais arriba na clasificación.

lunes, 7 de febrero de 2011

CLASIFICACION E RESULTADOS XORNADA 22ª

http://www.elcorreogallego.es/deportes/clasificaciones-deportivas/futbol-aficionado/ecg/t-grupo-4/idCategoria-32/?idResultadoDeportivo=15239

POULO MENOS GAÑOUSE

S.D. SAN MARTIÑO: Piqui, González, Juan (Alvaro 65´), Uru, Alberto, Toño, Jose, Vichi, Nutxi (Félix 55´), Javi Glez. (Marco 80´), Iván (Canedo 60´)
POULO: Ton, Richo, Pelis, David, Jose, Dario, Angel, Pablo, Martin, Guti, Gabri. Tamén xogaron Rodrigo, Luis, Rivasdiño, Prado, Labañon.

Cuarto partido consecutivo do San Martiño no seu campo e ahinda quedan outros dous e o terreo xa empeza a notalo. Parecía no comenzo do partido que o encontro iba a ser fácil xa que os locais adiantaronse no minuto 9 por medio de Javi que transformou un penalti claro cometido sobre Nutxi pero poucos minutos mais tarde, no 17, Guti facía o empate no remate dun corner ante a pasividade dos xogadores do San Martiño. Logo de ese gol os xogadores do San Martiño perderon un pouco o fio do partido o que puido costarlles caro xa que o dianteiro do Poulo, Martín, quedouse so diante de Piqui e este sacoulle o remate, certo e que partía dunha posición de fora de xogo pero o árbitro lonxe da xogada non o apreciou. Despertou o  equipo local no tramo final deste primeiro tempo e Alberto cun cabezazo a saque de corner fixo lucir a Ton que sacou unha man providencial. Varias internadas por banda sin remate final por parte dos laranxas foron o preludio o golazo de González logo de recoller un rexeite no bode da area e mandar un obus o fondo da meta do Poulo.
Xa na segunda metade o encontro decantouse do lado local que so concediu unha ocasión que de novo desbaratou Piqui e acumulou varias ocasións sobre todo a pes de un incisivo Jose. Félix no 55 facía o 3-1 e Marco tras xogada de Jose recollía o rechace e cerraba o marcador.