lunes, 21 de febrero de 2011

DOMINGO DE RESACA

S.D. SAN MARTIÑO: Piqui, González, Félix, Uru (Fontxo 60´), Alberto, Marcos (Alvaro 68´), Jose (Nutxi 65´), Vichi, Marco, Javi Glez, Canedo (Chiño 72¨)
VIZOÑO B: Román, Souto, Javi, Iago, Paris, Ivo, David, Marcos, Abel, Grobas, Ivan. Tamén xogaron Oscar, Diego e Fuco.

0-1 Grobas 23´.
1-1 Marcos 32´.
2-1 Javi Glez. 47´.
3-1 Jose 60´.

Traballada victoria do San Martiño ante un Vizoño B peleón e ben situado no terreo de xogo. Comenzaron os locais algo despistados, algo normal despois da festa do día anterior e pese a dispoñer de ocasions sobre todo nos pes de Javi, foron os visitantes os que se adiantaron despois dunha boa maniobra de Grobas que disparou lonxe do alcance de Piqui. O xogo do San Martiño seguía sen ser todo o fluido que se esperaba e empeñábanse en entrar polo centro. No minuto 34 Marcos remata no primeiro pau un corner sacado por Javi e acada o empate.
Tas o descanso o partido mudou e o San Martiño fixose totalmente co control acumulando ocasións e Javi tras centro de González puxo o 2-1. Novas ocasions marradas por Javi e Marco con tiro o longueiro incluido e Jose de cabeza poñía o 3-1 logo dun cabezazo que batiu a Román.  Co colexiado algo despistado, perdonou a roxa o central do Vizoño Cando agarrou a Javi que se iba solo cara portería, o choque chegou os seus minutos finais co control da situación por parte dos locais que despois desta victoria visitarán Oza no choque da xornada o domingo as 5.30 da tarde.

No hay comentarios:

Publicar un comentario