S.D. SAN MARTIÑO: Piqui, González, Juan (Alvaro 65´), Uru, Alberto, Toño, Jose, Vichi, Nutxi (Félix 55´), Javi Glez. (Marco 80´), Iván (Canedo 60´)
POULO: Ton, Richo, Pelis, David, Jose, Dario, Angel, Pablo, Martin, Guti, Gabri. Tamén xogaron Rodrigo, Luis, Rivasdiño, Prado, Labañon.
Cuarto partido consecutivo do San Martiño no seu campo e ahinda quedan outros dous e o terreo xa empeza a notalo. Parecía no comenzo do partido que o encontro iba a ser fácil xa que os locais adiantaronse no minuto 9 por medio de Javi que transformou un penalti claro cometido sobre Nutxi pero poucos minutos mais tarde, no 17, Guti facía o empate no remate dun corner ante a pasividade dos xogadores do San Martiño. Logo de ese gol os xogadores do San Martiño perderon un pouco o fio do partido o que puido costarlles caro xa que o dianteiro do Poulo, Martín, quedouse so diante de Piqui e este sacoulle o remate, certo e que partía dunha posición de fora de xogo pero o árbitro lonxe da xogada non o apreciou. Despertou o equipo local no tramo final deste primeiro tempo e Alberto cun cabezazo a saque de corner fixo lucir a Ton que sacou unha man providencial. Varias internadas por banda sin remate final por parte dos laranxas foron o preludio o golazo de González logo de recoller un rexeite no bode da area e mandar un obus o fondo da meta do Poulo.
Xa na segunda metade o encontro decantouse do lado local que so concediu unha ocasión que de novo desbaratou Piqui e acumulou varias ocasións sobre todo a pes de un incisivo Jose. Félix no 55 facía o 3-1 e Marco tras xogada de Jose recollía o rechace e cerraba o marcador.
No hay comentarios:
Publicar un comentario