lunes, 24 de octubre de 2011

OS MARINOS ADAPTANSE MELLOR NA LAGOA DO OUTEIRO

S.D. SAN MARTIÑO: Castro, Félix, Alberto, Marcos (Marco 60´), Bassir, Toño, Vichi, Javi Glez., Jose, Víctor, Albertiño (José Pereiro 70´)

0-1 35´.
1-1 Javi Glez. de penalti 62´.
1-2 de penalti 70´.

Partido aburrido no Outeiro sen fútbol e con moita loita por pate dos dous equipos que atoparon na climatoloxía un adversario mais. O vento e a choiva condicionaron por completo este encontro no que calquera intención de combinar era imposible. O Marino adaptouse un pouco mellor os elementos e froito dun centro lateral adiantouse no primeiro tempo que transcurriu sen grandes ocasións, tan so Albertiño perdiu unha boa ocasión pero o balón quedou nunha poza e foi imposible rematar en condicións. Xa no segundo tempo Javi conseguiu empatar logo dun penalti sobre Toño pero pouco durou a alegría xa que de novo se adiantou o Marino tamén dende o punto de penalti. Ata o final moita pelexa e poucas ocasións, tan so un remate de Alberto o longueiro a saída dun corner que puido ser o empate, probablemente o resultado mais xusto, pero o balón non entrou.

No hay comentarios:

Publicar un comentario