S.D. SAN MARTIÑO: Castro, González, Toño, Alberto, Félix, Vichi, Iván (Jose 60´), Canedo (Jose Pereiro 60´) Víctor, Javi Glez., Marco (Marcos Lamas).
O SM adiantouse pronto cun gol de Marco. Durante o que restaba de 1ª parte os locais apretaron e encerraron ó SM. Nunha contra Marco errou o segundo. O Breixo conseguiu empatar cerca do descanso.
Xa na 2ª metade, o Breixo seguiu atacando e o SM defendendose bastante ben. Os locais tiveron varias ocasións (incluido un tiro ó pau), pero non conseguiron marcar.
Nunha segunda xogada dun corner, Victor leva ó lateral e realiza un gran centro que Toño remata no 2º pau de forma inapelable. A partir dese intre, os locais seguiron apretando e cercando o marco de Castro. Pero foi o SM quen dispuxo das mellores ocasións: 2 mans a mans de Marco co porteiro, pero non conseguiu marcar.
O final, victoria visitante ante un Breixo que realizou un gran xogo.
Destacar a importancia dos 3 puntos para o equipo visitante, sobre todo tendo en conta que debido a diferentes circunstancias chegou ó campo do Breixo con moitisimas baixas
No hay comentarios:
Publicar un comentario