lunes, 19 de marzo de 2012

CORNADA O FINAL DA FAENA

S.D. SAN MARTIÑO: Castro, Bassir, Alberto, Juan  (José Pereiro 80´), Félix Javi Peón, Toño, González, Victor (Iván 60´), Javi Glez., Marco (Albertiño 65´)

1-0 15´.
1-1 Juan 43´.
2-1 80´.
2-2 Javi Glez. 91´.
3-2 93´.

Continúa a mala racha de resultados no San Martiño e desta vez foi o Boimorto o que no tempo de desconto se levou os tres puntos nun partido que como ven sendo habitual empezou dormindo o equipo de Pol e o Boimorto dominou o seu antoxo creando varias ocasións das que por so transformaron unha adiantándose no marcador. A defensa de 5 coa que empezou o encontro o SM non dou resultados e adiantou a sua posición un dos defensas equilibrando un pouco o xogo e igualando o partido o que trouxo o empate nun saque de corner ben finalizado por Juan a piques de chegar o descanso. Xa no segundo tempo o encontro foi mais parexo e incluso Javi puido adiantar os de laranxa pero nos últimos 10 minutos o encontro toleou e o Boimorto poñiase por diante acadando o empate o SM a rentes do final por medio de Javi. Cando todo indicaba que as taboas iban ser o marcador final o Boimorto gañou o partido aproveitando unha última ocasión que lle daba os tres puntos e o acerca os postos altos deixando o SM mais cerca dos postos baixos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario