S.D. SAN MARTIÑO:Piqui, González, Javi Peón, Juan, Alberto, José Pereiro (Canedo 80´), Iván (Félix 65´), Vichi, Albertiño, Javi Glez., Víctor (Marco 70´).
0-1 35´.
1-1 Javi Glez de penalti 70´.
1-2 de penalti 80´.
Contiúa o San Martiño ca racha de resultados negativos e nesta vol foi no Outeiro donde se viu sorprendido por un combativo Brexo Lema que aproveitou perfectamente as circunstancias do partido pa facerse cos tres puntos. Comenzou o encontro cun maior dominio do balón por parte visitante pero sin crear perigo na meta de Piqui. Pola contra os locais aproveitaban c alquer contragolpe pa achegarse con perigo o marco do Brexo e tanto Albertiño como Víctor dispuxeron de duas claras ocasións pa adiantarse no marcador pero foi o Brexo que se levou o gato a auga e acadou o gol pouco antes do descanso.
Xa no segundo tempo (60´) produciuse a xogada clave do encontro cando Piqui saiu a despexar un balón largo nun dos lados do campo adiantándose o dianteiro visitante e mandando o balón fora pero o colexiado nunha decisión inexplicable optou por expulsalo nunha xogada que non fora nin falta e ademais nun lateral do campo. A partir de ahí as xa consabidas protestas e incluso algún empuxón e Vichi que tamén sae expulsado quedando o San Martiño con 9. A pesar de todo esto nuns momentos en que o Brexo baixou a sua intensidade os locais achegáronse o marco visitante e logo dun claro penalti sinalado polo colexiado, Javi Glez empataría. Pero o trencilla non tiña o día e equivocouse nun novo lance e produxose un penalti que o Brexo non desaproveitou, facéndose cos tres puntos. En definitiva pésima actuación arbitral e nula efectividade dos locais que como nas semáns anteriores seguen a fallar claras ocasións de gol.
No hay comentarios:
Publicar un comentario