lunes, 23 de abril de 2012

HERCULES SEN FORZA, SAN MARTIÑO DIVINO

S.D. SN MARTIÑO: Piqui, Javi Peón, Bassir, Juan, González, Jose Pereiro (Jose 60´), Toño, Iván (Marco 65´), Víctor (Canedo 72´), Javi Glez., Albertiño.

0-1 Albertiño 55´.

Traballada victoria que prácticamente garantiza a permanencia, e decimos traballada non porque o Hércules creara moitos problemas, mais ben polo traballo que lle costa facer un gol a este SM que acumula ocasións pero non termina de encontrar as redes da portería contraria. Saía o SM sabendo da importancia de acadar os tres puntos e foronse impoñendo con claridade o Hércules que so se achegaría con perigo nunha ocasión que sacou en boa intervención Piqui dando tranquilidade os xogadores laranxas. Albertiño nunha ocasión e Javi González en duas case adiantan os visitantes pero unhas veces a falta de acerto e noutras o bo facer do cancerbeiro do Hércules abortaban os intentos dos laranxas. Iván cun tiro o pau puxo a mais clara deste primeiro tempo que acabou como empezara o partido. Xa no segundo Albertiño acertou a picar por enriba do porteiro un bo pase en profundidade de Javi Glez. dandolle vantaxe o SM. Ata o final mais ocasións desperdiciadas nos pes de Javi Glez e Albertiño pero o Hércules non inquedou en ningún momento a porta de Piqui que viviu uns segundos 45 minutos tranquilos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario