S.D. SAN MARTIÑO. Piqui, Félix, Bassir, Toño, Javi Peón, Javi Glez., Jose Pereiro (Iván 77´), Jose, Victor (Canedo 60´), Albertiño, Marco (Alberto 80´).
SAN TIRSO: Lema, Finidi, Santi, Galán, Rubén, Duarte, Felipe, Marcos, Berti (Ivo 65´), Fran (Sergio 80´), Paco (Rubén Tuset 65´), Pablo Graña (Angel 75´)
0-1 Paco 50´.
0-2 Berti 60´.
1-2 Toño 75´.
1-3 Rubén Tuset 80´.
Nova derrota do San Martiño na casa, esta vez a mans dun serio e próximo equipo de 1º autonómica, San Tirso que sacou a relucir todos os defectos dos locais. Nunha mañán desapacible e con mui pouca xente, xa que coincidía en horario cun interesante Depor - Celta e ademais ca Feira das Nenas, o SM deixaba escapar tres puntos e colócase a so catro dos postos de descenso polo que haberá que puntuar o vindeiro fin de semán en San Pedro ante o Hércules pa alonxar todos os fantasmas. No partido o primeiro tempo resultou igualado e so Albertiño tras un erro defensivo do San Tirso puido adiantar os locais nun man a man co porteiro pero non foi quen de materializar a ocasión. Xa no segundo tempo o San Tirso foi mais efectivo e adiantouse tras unha boa combinación por banda que terminou cun remate repelido por Piqui en espectacular parada pero o rexeite foi parar os pes de Paco que acadou o 1º da tarde. Pouco despois un remate do San Tirso por medio de Paco bate en Toño e desvía a traxectoria acabando o balón no fondo da rede. Tentaron os locais reducir distancias e foi o propio Toño quen rematou un corner sacado por Javi poñendo o 1-2 no marcador que daba esperanzas. Co SM volcado o ataque colleron un contragolpe os do San Tirso e Rubén Tuset sentenciou acadando o 1 a 3 definitivo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario