lunes, 31 de enero de 2011

CLASIFICACION E RESULTADO 21ª XORNADA

http://www.elcorreogallego.es/deportes/clasificaciones-deportivas/futbol-aficionado/ecg/t-grupo-4/idCategoria-32/?idResultadoDeportivo=15086

DERBI QUENTE

S.D. SAN MARTIÑO: Regueiro, González, Fontxo, Marcos (Uru 46´), Juan (Félix 80¨), Toño, Canedo (Iván 65¨), Vichi, Javi Glez. ,Jose, Marco (Nutxi 75¨)

C.C.D. CERCEDA B: Anxo, Alex, Esteban, KOmpy, iván, Christian, Alvaro, Yoni, Adrian, Roberto, Sergio. Tamén xogaron Rubén, Marcos e Suso

0-1 Adrian 1´.
0-2 Adrián 30´.
1-2 Javi Glez. 37´.
2-2 P.p 78´.

Derbi quente o disputado no Outeiro que tivo caseque de todo, goles, expulsións , polémica e ata un amago de tangana o final do partido. Empezou o San Martiño durmindo e no primeiro minuto deixouse sorprender nun saque rápido de falta que Adrián mandou por encima do porteiro ante as protestas dos locais que reclamaban falta por un empurrón a Fontxo. O Cerceda moito mais metido no partido presionaba e non deixaba maniobrar o San Martiño e so Javi Gonzalez cun lanzamento dende o borde da área que repeliu o poste inquedou a Anxo. A presión do Cerceda foi remitindo ahinda que nun baón longo volve a ser Adrián o que nunha precipitada salida de Regueiro manda o balón o fondo das redes poñendo o 0-2. No último tramo do primeiro tempo os locais tomaron un pouco a iniciativa e Javi Glez. puxo o 1-2 logo dun centro de Vichi.
No segundo tempo o San Martiño dominou o encontro e o Cerceda tentaba saír en rápidas contras ahinda que sen moito perigo. No último tramo de partido logo dun saque rápido centrou Marco e un xogador do Cerceda meteu o balón na sua portería cando Jose xa estaba presto pa marcar. Ata o final mais emoción con idas e voltas e un clarísimo penalti a Jose que o colexiado inexplicablemente non sinalou. No Cerceda tamén reclamaron unhas mans que o colexiado non estimou como sancionables. Xa na entrada a vestuarios un pequeno intercambio de palabras que non foi a mais.
Resumindo derbi con moita entrega e boas xogadas que deparou un xusto empate con un tempo pa cada equipo.

lunes, 24 de enero de 2011

CLASIFICACION E RESULTADOS

http://www.elcorreogallego.es/deportes/clasificaciones-deportivas/futbol-aficionado/ecg/t-grupo-4/idCategoria-32/?idResultadoDeportivo=14960

CALMA ANTES DO DERBI

S.D. SAN MARTIÑO: Regueiro, González, Fontxo, Marcos, Juan (Félix 58´), Toño (Alberto 46´), Vichi (Basir 83´),  Javi Glez., Canedo ( Iván 60´), Jose, Marco (Nutxi 60´)

LARIN C.F. B: Diego Varela, Dani Castro, Weah, Fabeiro, Sergio, FAbián, Alberto, Tato, Alex, Ocha, Javi. Tamén xogaron Tudoli, Baroco e Barreiro

1-0 Marco 14´.
2-0 Marco 18´.
3-0 Jose 52´.
4-0 Nutxi 70´.
5-0 Iván 80´.
6-0 Alberto 86´.

Victoria cómoda do San Martiño ante un xoven Larín B que tentou parar o xogo dos locais pero viuse incapaz. O San Martiño saiu decidido a resolver o partido e xa dende os primeiro minutos acumulou ocasions por medio de Marco que na terceira que tuvo acadou o primeiro gol logo de un bo servicio de Vichi. Caseque a renglón seguido un centro de González serviu para que o propio Marco fixese doblete. Os locais seguiron dominando o encontro e acumulando ocasións de gol a cargo de Marco, Canedo ou Vichi.
Na segunda metade seguiu a mesma tónica e os laranxas redondearon o resultado por medio de Jose, tras falta sacada intelixentemente por Javi, Nutxi a perfecto centro de González, Iván  de remate dentro da area e Alberto nun corner. A destacar a deportividade do Larín que pese a verse dominado e goleado non se empleou con violencia, salvo un par de entradas preto do final, nin se dedicaron a protestar.

lunes, 17 de enero de 2011

CLASIFICACION E RESULTADOS XORNADA 19ª

http://www.elcorreogallego.es/deportes/clasificaciones-deportivas/futbol-aficionado/ecg/t-grupo-4/idCategoria-32/?idResultadoDeportivo=14823

O OUTEIRO FAISE PEQUENO

S.D. SAN MARTIÑO: Regueiro, González, Juan (Alberto 60´), Uru, Marcos, Toño, Vichi, Marco (Taibo 77´), Javi Glez, Canedo (Iván 71´)
MESIA C.F.: Rubén, Fran (Campelo 69´), Roberto, Ton, Andrade, Diego, Míguez, Sergio (Manuel 56´), Ivo, Iván, Nacho.

0-1 Ivo de penalti 63´.
1-1 Taibo 85´.

Mal partido do San Martiño que en ningún momento conseguiu darlle continuidade o xogo e viuse enredado nas continuas interrupcions e protestas do Mesía que os 15 minutos sufría a expulsión do seu adestrador negándose este a abandonar o seu lugar polo que foi chamada a guardia civil que compareceu no descanso e fixo que o adestrador se colocase no outro lado do campo que fora o que lle requerira o árbitro. De calquera xeito o partido non se parou pero tampouco se pode decir que se xogara xa que o xogo foi mui trabado e sen continuidade o que fixo que non se produciran ocasions ata o tramo final que cada equipo dispuxo de unha, Jose pos locales e Ivo pos visitantes, ben solventadas polos porteiros. No segundo tempo seguiu a mesma tónica ahinda que os visitantes crearon perigo nunha falta que Regueiro sacou cunha boa parada e o San Martiño empezou a crear ocasións pero sin concretar ningunha. Xa no 63 veu o penalti cometido por Uru que supuxo a expulsión do central local e o 0-1 no marcador. A partir de ese momento os locais pese a estar con dez acosaron o portal do Mesía e dispuxeron de ocasións ata que Taibo no 85 acadaba o empate. Un lanzamento de González que sacou un defensa debaixo dos paus puido darlle a victoria o San Martiño pero chegouse o final sen mais goles.

lunes, 10 de enero de 2011

CLASIFICASION E RESULTADOS 18ª XORNADA

http://www.elcorreogallego.es/deportes/clasificaciones-deportivas/futbol-aficionado/ecg/t-grupo-4/idCategoria-32/?idResultadoDeportivo=14713

XORNADA REDONDA

S.D. SAN MARTIÑO: Regueiro, González, Marcos, Alberto, Bassir, Toño, Canedo, Vichi ( Uru 65´), Javi Glez. (Juan 75´),  Jose, Marco (Ivan 50´) (Alvaro 80 ´)

0-1 Marco de cabeza tras preciso centro de Gonzalez 22´.
0-2 Javi glez. de penalti cometido sobre Canedo 25´.
0-3 Ivan o recoller un rechace do porteiro 53´.
1-3 Balon que toca nun defensa e colase por encima de Regueiro 73´.
1-4 Marcos recolle un rechace do porteiro 85´.

Importante victoria do San Martiño que xunto ca derrota do Cerceda B e do Melide e o empate do Abella  fan que fora unha xornada propicia.
Comenzou o San Martiño cunha boa circulación de balón pero foi o Vilamaior o que cun tiro dende lonxe que se foi o longueiro creou a primeira ocasión do partido. Esto so foi un espellismo xa que os xogadores laranxas foron acumulando ocasions por medio de Marco, Bassir e González ata que mediada a primeira parte Marco conectou un bo testarazo a centro de González poñendo o balón lonxe do porteiro. A renglón seguido Javi Glez poñía o segundo tras un penalti cometido sobre Canedo. Fianlizou  o primeiro tempo co dominio total do San Martiño que salvo algún despiste defensivo non se viu amenzado en ningun momento.
No segundo tempo os locais puxeron algo mais de empuxe e crearon algún que outro problema a base de forza e un baixon no xogo dos visitantes propiciado polo exceso de confianza. Pese a todo a victoria en ningun momento correu perigo e o único pero foron as lesións de Marco e Iván o primeiro por un golpe e o segundo cun problema muscular.

lunes, 3 de enero de 2011

RESULTADOS E CLASIFICACION 17ª XORNADA

http://www.elcorreogallego.es/deportes/clasificaciones-deportivas/futbol-aficionado/ecg/t-grupo-4/idCategoria-32/?idResultadoDeportivo=14620

PROVEITOSO 2011

S.D. SAN MARTIÑO: Regueiro,Alvaro, Alberto,Marcos, Félix (Chiño 50´), Toño (Fontxo 80´), Vichi (Iván 60´), Javi Glez. (Juan 85´), Jose (Basir 75´), Canedo, Marco

0-1 Marco 10´.
0-2 Marco 15´.
0-3 Vichi 20´.
0-4 Marco 33´.
0-5 Javi Glez 43´.
0-6 Marco 81´.

Tarde tranquila po San Martiño que non atopou rival no Bergondo que se mostrou coma un equipo con pouca seriedade o que estas festas pasadas lle pasaron moita factura sobre todo a algún dos seus compoñentes que non se atopaba no mellor estado pa práctica do fútbol.
Comenzaron moi fortes os laranxas e nun 1º tempo asoballante cargaronlle o carro o Bergondo con 5 goles que poideron ser mais. O acerto rematador de Marco, con catro goles, fundiu os locais que se vian impotentes ante o xogo do San Martiño que trenzou bonitas xogadas sen apenas oposición.
resumindo partido moi fácil que chega despois do nadal e da inesperada dimisión do adestrador Toño que decidiu deixar o seu cargo o frente do equipo ahinda que vai seguir como xogador. Probablemente o compatibilizar as duas tareas sexa moi dificil e as veces estresante co que Toño decidiu tomarse a cousa con mais tranquilidade e dedicarse a divertirse xogando sen os agobios e nervios que ten a tarea de adestrador.