lunes, 31 de enero de 2011

DERBI QUENTE

S.D. SAN MARTIÑO: Regueiro, González, Fontxo, Marcos (Uru 46´), Juan (Félix 80¨), Toño, Canedo (Iván 65¨), Vichi, Javi Glez. ,Jose, Marco (Nutxi 75¨)

C.C.D. CERCEDA B: Anxo, Alex, Esteban, KOmpy, iván, Christian, Alvaro, Yoni, Adrian, Roberto, Sergio. Tamén xogaron Rubén, Marcos e Suso

0-1 Adrian 1´.
0-2 Adrián 30´.
1-2 Javi Glez. 37´.
2-2 P.p 78´.

Derbi quente o disputado no Outeiro que tivo caseque de todo, goles, expulsións , polémica e ata un amago de tangana o final do partido. Empezou o San Martiño durmindo e no primeiro minuto deixouse sorprender nun saque rápido de falta que Adrián mandou por encima do porteiro ante as protestas dos locais que reclamaban falta por un empurrón a Fontxo. O Cerceda moito mais metido no partido presionaba e non deixaba maniobrar o San Martiño e so Javi Gonzalez cun lanzamento dende o borde da área que repeliu o poste inquedou a Anxo. A presión do Cerceda foi remitindo ahinda que nun baón longo volve a ser Adrián o que nunha precipitada salida de Regueiro manda o balón o fondo das redes poñendo o 0-2. No último tramo do primeiro tempo os locais tomaron un pouco a iniciativa e Javi Glez. puxo o 1-2 logo dun centro de Vichi.
No segundo tempo o San Martiño dominou o encontro e o Cerceda tentaba saír en rápidas contras ahinda que sen moito perigo. No último tramo de partido logo dun saque rápido centrou Marco e un xogador do Cerceda meteu o balón na sua portería cando Jose xa estaba presto pa marcar. Ata o final mais emoción con idas e voltas e un clarísimo penalti a Jose que o colexiado inexplicablemente non sinalou. No Cerceda tamén reclamaron unhas mans que o colexiado non estimou como sancionables. Xa na entrada a vestuarios un pequeno intercambio de palabras que non foi a mais.
Resumindo derbi con moita entrega e boas xogadas que deparou un xusto empate con un tempo pa cada equipo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario