lunes, 24 de enero de 2011

CALMA ANTES DO DERBI

S.D. SAN MARTIÑO: Regueiro, González, Fontxo, Marcos, Juan (Félix 58´), Toño (Alberto 46´), Vichi (Basir 83´),  Javi Glez., Canedo ( Iván 60´), Jose, Marco (Nutxi 60´)

LARIN C.F. B: Diego Varela, Dani Castro, Weah, Fabeiro, Sergio, FAbián, Alberto, Tato, Alex, Ocha, Javi. Tamén xogaron Tudoli, Baroco e Barreiro

1-0 Marco 14´.
2-0 Marco 18´.
3-0 Jose 52´.
4-0 Nutxi 70´.
5-0 Iván 80´.
6-0 Alberto 86´.

Victoria cómoda do San Martiño ante un xoven Larín B que tentou parar o xogo dos locais pero viuse incapaz. O San Martiño saiu decidido a resolver o partido e xa dende os primeiro minutos acumulou ocasions por medio de Marco que na terceira que tuvo acadou o primeiro gol logo de un bo servicio de Vichi. Caseque a renglón seguido un centro de González serviu para que o propio Marco fixese doblete. Os locais seguiron dominando o encontro e acumulando ocasións de gol a cargo de Marco, Canedo ou Vichi.
Na segunda metade seguiu a mesma tónica e os laranxas redondearon o resultado por medio de Jose, tras falta sacada intelixentemente por Javi, Nutxi a perfecto centro de González, Iván  de remate dentro da area e Alberto nun corner. A destacar a deportividade do Larín que pese a verse dominado e goleado non se empleou con violencia, salvo un par de entradas preto do final, nin se dedicaron a protestar.

No hay comentarios:

Publicar un comentario