S.D. SAN MARTIÑO: Regueiro, González, Marcos, Alberto, Bassir, Toño, Canedo, Vichi ( Uru 65´), Javi Glez. (Juan 75´), Jose, Marco (Ivan 50´) (Alvaro 80 ´)
0-1 Marco de cabeza tras preciso centro de Gonzalez 22´.
0-2 Javi glez. de penalti cometido sobre Canedo 25´.
0-3 Ivan o recoller un rechace do porteiro 53´.
1-3 Balon que toca nun defensa e colase por encima de Regueiro 73´.
1-4 Marcos recolle un rechace do porteiro 85´.
Importante victoria do San Martiño que xunto ca derrota do Cerceda B e do Melide e o empate do Abella fan que fora unha xornada propicia.
Comenzou o San Martiño cunha boa circulación de balón pero foi o Vilamaior o que cun tiro dende lonxe que se foi o longueiro creou a primeira ocasión do partido. Esto so foi un espellismo xa que os xogadores laranxas foron acumulando ocasions por medio de Marco, Bassir e González ata que mediada a primeira parte Marco conectou un bo testarazo a centro de González poñendo o balón lonxe do porteiro. A renglón seguido Javi Glez poñía o segundo tras un penalti cometido sobre Canedo. Fianlizou o primeiro tempo co dominio total do San Martiño que salvo algún despiste defensivo non se viu amenzado en ningun momento.
No segundo tempo os locais puxeron algo mais de empuxe e crearon algún que outro problema a base de forza e un baixon no xogo dos visitantes propiciado polo exceso de confianza. Pese a todo a victoria en ningun momento correu perigo e o único pero foron as lesións de Marco e Iván o primeiro por un golpe e o segundo cun problema muscular.
No hay comentarios:
Publicar un comentario