S.D. SAN MARTIÑO: Piqui, González, Juan, Uru (Marcos 46´), Alberto, Toño (Chiño 80´), Jose (Iván 83´), Vichi, Marco (Taibo 63´), Javi Glez., Canedo (Félix 58´)
VISANTOÑA C.F.: Javi, Oscar, Diego, Candal, Jacobo, Adrián, Pablo, David Betanzos, Borja, Moisés, Juan. Tamen xogaron Luis, Moisés, Marcos, Alvaro e Cristian.
Xusta victoria acadada polo San Martiño ante o Visantoña que plantou cara e por momentos levou a iniciativa do xogo. Comenzou dominando o equipo local e creando ocasions na meta de Javi por medio de Alberto cun remate o poste e un cabezazo fora de Jose cando se atopaba solo no segundo pau logo de un centro de González. No minuto 21 Juan cun pase longo conecta con Javi Glez. que diante do porteiro controla e acada o primeiro da tarde. Este gol que debería darlle tranquilidade os locais espoleou os visitantes e primeiro nun contrataque propiciado por unha perda de balón de Vichi e logo producto dun mal despexe de Alberto dispuxeron das suas únicas aproximacions a porta de Piqui.
Na segunda metade sairon os de Visantoña dispostos a crear problemas e dominaron un pouco mais a posesión de balón pero as ocasións iban caendo do lado dos locais que viron como Javi facía autenticos paradóns a tiros de Juan, Vichi e Taibo ahinda que nada puido facer nun tiro por enriba de Jose tras un bo servizo de Vichi. En resumen bo partido do San Martiño ante un conxunto que dispon de bos xogadores que probablemente debería estar mais arriba na clasificación.
Boa crónica.jors
ResponderEliminar