lunes, 14 de marzo de 2011

OS MONXES NON PUIDERON COS SANTOS

S.D. SAN MARTIÑO: Piqui, González, Juan (Chiño 85´), Marcos, Alberto, Toño, Vichi (Alvaro 80´), Javi Glez., Jose (Félix 75´), Canedo ( Ivan 46´), Marco (Alemán 70´)

AT. SOBRADO: Andres, Marquez, Ismael, José, Iván, Esteban, Pablo, Mario, Angel, Javier, Costoya. Tamén xogaron Miguel, Fran e Michael.

0-1 Canedo 5´.
0-2 Jose 25´.
0-3 Javi Glez. 89´.

Importante victoria a acadada polo San Martiño nun campo complicado como o de Sobrado tanto polo equipo contrario como polo propio terreo de xogo que presentaba unhas condicións bastante pésimas.
Adiantouse pronto o San Martiño logo dun bo pase en profundidade de Juan que Javi cediu a Canedo que so fixo que empuxalo o fondo da rede. Seguiu o control por parte dos visitantes que tiveron ocasións de incrementar o marcador nun cabezazo de Javi e un tiro de Canedo a poucos metros da porta local. Por parte do Sobrado so inquedou en dous corners que foron rematados por Esteban fora da porta de Piqui. Jose de vaselina aumentou o marcador e dáballe tranquilidade os visitantes que viron como o calexiado pitaba continuos fora de xogo en algunha ocasión de maneira inexplicable.
A segunda metade comenzou cun intento de aumentar a presión por parte do Sobrado pero a defensa do San Martiño mantivo a raia os atacantes locais que tiveron a sua mellor ocasión nun rechace de Juan cara a sua porta que anulaba o fora de xogo pero o porteiro Piqui tapou ben o tiro de Angel.  A rentes do final Javi Glez. tras un centro de González poñía o 0-3 que facía xustiza e deixa o San Martiño cunha pequena ventaxa ante os importantes compromisos que se aveciñan nestas vindeiras catro xornadas con enfrontamentos cos equipos punteiros do grupo (Boimorto, Melide, Toques e Abella)

No hay comentarios:

Publicar un comentario