lunes, 28 de marzo de 2011

PULPO NON PERO PUNTO SI

S.D. SAN MARTIÑO: Piqui, Félix, Marcos, Alberto, Juan (Iván 75´), Toño, Vichi, Javi Glez., González, Jose (Nutxi 80´), Marco (Basir 60´).
CIRE MELIDE: Adrián, José, Armando, Fernando, Bruno, Blanco, Rubén Quintas, Luis, Popitas, Jorge, Jesús. Tamén xogaron Ruben Garra, Lage e Carlos

Punto importante o acadado polo San Martiño en Melide ante un equipo que se estaba xogando moitas opcións de ascenso e que se mostrou ambicioso poñendo en moitos apretos os laranxas. Comenzou o partido cun despiste da zaga e porteiro visitantes que no saque de centro inicial logo de un pase longo case deixan rematar a Popitas que reclamou penalti por parte do defensa visitante ahinda que pareceu unha carga legal. Despois deste susto inicial parecia que o partido se igualaba pero era o Cire quen rondaba mais a porta de Piqui e dispuxo de unha clara ocasión nun centro o segundo pau que Félix sacou no último momento cando iba rematar o dianteiro local. Por parte do San Martiño foi Javi nun lanzamento lonxano quen puxo un susto pa o porteiro do Melide asi como nun corner no que o árbitro sinalou falta. A rentes do final deste primeiro tempo os de Melide reclamaron un penalti por man de Félix que o colexiado non concediu.

No segundo tempo as ocasións foron escasas e o San Martiño axustou un pouco a sua defensa que so sufriu nalgun balón parado mentras que tentaba chegar o marco do Melide sobre todo por parte de Javi que dispuxo da mellor ocasión nun centro de González que rematou fora por pouco. Anteriormente o propio Javi reclamou penalti do cancerbeiro local que o levou por diante pero o colexiado tampouco apreciou nada nesta xogada. Había moita tensión no encontro pero todo transcurriu sen ningún incidente nin malos modos, so a competitividade propia dun partido entre dous equipos punteiros na categoría. o final reparto de puntos e a seguir pelexando polas posicións que dan dereito o ascenso.

No hay comentarios:

Publicar un comentario