lunes, 7 de marzo de 2011

PASIÑO A PASIÑO...

S.D. SAN MARTIÑO: Piqui, González (Alvaro 65´), Uru (Félix 65´), Alberto, Juan, Toño (Marcos 55´), Vichi, Javi Glez., Canedo, Jose (Alemán 70´) Marco (Nutxi 54´)
CURTIS C.C.D.: Alberto, Carlos, Oscar, David, Javier, Freire, Jairo, Carro, Lagares, Jose, Diego. Tamén xogaron Miguel e Marcos.

1-0 Alberto 15´.
2-0 Javi Glez. 28´.
3-0 Marco 32´.
4-0 Marco 55´.
4-1 Lagares 85´.

Victoria clara do San Martiño ante un Curtis que tenta apurar as suas opcions de alcanzar os postos de ascenso. Puxose pronto o equipo local por diante no marcador por medio de Alberto aproveitando un rexeite na  área nunha falta lanzada por Toño. o San Martiño presionaba moito e non deixaba combinar o Curtis roubando varios balóns en mediocampo, nun destes roubos chegou o segundo obra de Javi mui protestado polos visitantes que reclamaban falta previa e unha aplicación da lei da vantaxe pouco apropiada.
Marco poñía o 3-0 logo dun bo pase de Javi de deixaba o partido prácticamente decidido a falta dos segundo 45 minutos.
No segundo tempo Marco acadou o 4º e con un Curtis que non conseguía chegar a porta local foron pasando os minutos sen nada resaltable. Xa a rentes do final un despiste defensivo e unha boa definición do xoven dianteiro do Curtis deronlle o tanto da honra os visitantes.

No hay comentarios:

Publicar un comentario