lunes, 4 de abril de 2011

A CERA DA ABELLA ATRAPOU O SAN MARTIÑO

S.D. SAN MARTIÑO: Piqui, Félix (Nutxi 70´),Uru, Alberto (Iván 46´), Juan, Toño, Vichi, Javi Glez., Basir, González, Marco.
A.D. ABELLA: Juan, Raposo, Marcos, Javier, Pablo, Victor, Sergio, Matías, García, Quinto (Rubén 87´), Cachopal (Rivera 81´)

1-0 Alberto 30´.
1-1 Cachopal 42´.
1-2 García 57´.

Derrota do San Martiño ante o líder despois dun partido no que os locais deixaron escapar a ventaxa inicial acadada nun remate de Alberto a saida dun corner.
O San Martiño empezou o partido buscando a porteria de Juan e Javi logo dun pase de Marco mandou o balon por enriba do longueiro nunha inmellorable posición. Seguiron as ocasions dos locais que por medio de González e Vicente dispuxeron de tiros que bateron nos defensas cando iban ben dirixidos. Pola parte do Abellá so Cachopal inquedou cun lanzamento fora cando estaba nunha boa posición. Adiantouse o San Martiño e o Abellá con xogo mais directo creou algún problema os locais que viron como Cachopal aproveitaba unha prolongación de Quinto pa bater a Piqui.

Empezou o segundo tempo con bastante imprecisión por parte dos locais e o Abellá aproveitou unha indecisión de defensa e porteiro pa adiantarse por medio de García o rematar por encima do cancerbeiro. O encontro endureciuse e trabaouse bastante cousa que favorecía os visitantes pero os locais crearon ocasións sobre todo por medio de lanzamenteos de falta ben executados por Javi pero cunha gran resposta por parte do porteiro Juan. A falta de 20´ foi expulsado Vichi por doble cartón amarelo e xa con dez xogadores o San Martiño seguiu apretando e acumulando ocasións facendo que o porteiro visitante se convertise na figura do partido. A 10 do final Javi fallou un penalti sinalado a Rivera por man mandando o balón fora da porteria. Ahinda Toño e Marco fixeron lucir a Juan que estivo agilisimo e acabou coas esperanzas locais.

No hay comentarios:

Publicar un comentario