S.D. SAN MARTIÑO: Piqui, Félix, Marcos, Alberto, Juan, Toño, Canedo (Uru 56´), Basir (Alvaro 80´), Javi Glez., Iván (Nutxi 60´), Marco (Taibo 75´)
0-1 p.p. 4´.
1-1 15´.
1-2 Javi Glez. 25´.
2-2 88´.
O San Martiño deixou escapar dous puntos nos últimos minutos despois de ser superior no global do partido e cando parecía que todo estaba controlado un balón longo e unha posición mui reclamada polos visitantes déronlle o empate o Toques.
Púxose pronto por diante o San Martiño que nun bo centro de Iván viu como un xogador do Toques metia o balón no seu portal ahinda que Marco xa estaba disposto a empurrar o balón. pronto empatou o Toques que nunha xogada clara de fora de xogo acadou o empate. Os xogadores do San Martiño dominaban o xogo pero o Toques a base de balóns longos e ante a escasa vista do colexiado po fora de xogo creaban situacións de perigo. Nun rápido contragolpe cando Marco se iba so cara o portal do Toques foi trabado sinalando o arbitro a pena máxima con novas protestas por parte dos dous equipo, os locais decindo que a entrada era fora da área e os visitantes reclamando a tarxeta vermella o ser o ultimo home da defensa, pode que os dous bandos tuveran razón. Javi adiantou de novo os laranxas que medraron no seu xogo e puideron sentenciar pero careceron de efectividade.
Xa no segundo tempo o encontro foi un continuo ida e volta sin grandes ocasións ahinda que Toño nun bo tiro dende fora da área e sobre todo Taibo nun cabezazo que non chegou puideron sentenciar. A expulsión de Nutxi logo de unhas protestas despois dunha clara falta dun xogador do Toques puxeron ahinda mais nervioso o colexiado que nestes últimos minutos aparte da xogada do gol cometiu bastantes erros cousa normal porque seguía o xogo a moita distancia.
En definitiva bo empate o acadado polo San Martiño ahinda que polo desenrolo do encontro e polo gol a última hora do Toques os visitantes mostrábanse bastante desencantados. Cando quedan tres partidos de liga o obxetivo do ascenso está un pouquiño mais cerca e deberíase asegurar nos partidos da casa ( Pontecarreira e Bergondo) e refrendalo fora no campo do Encrobas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario