S.D. SAN MARTIÑO: Piqui, Félix, Juan, Marcos, Alberto, Toño, Canedo, Basir, Javi Glez., Iván e Marco.
1-0 Toño 15´.
2-0 Alberto 23´.
3-0 Marco 31´.
4-0 Toño 36´.
5-0 Toño 39´.
6-0 Basir 43´.
Partido sen historia salvo polo feito de que os locais amplian a sua vantaxe co cuarto e xa case son matemáticamente terceiros e teñen moi cerca o ascenso a segunda por primeira vez na sua historia.
O Pontecarreira presentouse con dez xogadores debido a lesions e baixas de última hora o que fixo que o partido carecera de interes e os locais se adiantaran pronto con un trallazo dende o borde a da área de Toño tras deixada de Javi. Agravouse o problema dos visitantes cunha nova lesión deixando o equipo con 9 e Alberto de cabeza poñía o segundo logo dun centro de Toño tras un corner. Marcos acadaba o 3-0 tras un pase de Iván e de novo Toño marcou o mellor gol da tarde empalmando sen deixar caer o balón tras un corner lanzado por Javi a frontal da área. O Pontecarreira quedou con 8 pola expulsión do seu capitán tras unha protesta fora de tono e de lugar por unha posible falta e Toño de tiro colocado puxo o 5-0 cerrando a conta Basir cerca do final do primeiro e único tempo xa que no descanso os visitantes alegaron que tiñan dous lesionados mais quedando con seis e polo tanto o colexiado suspendeu o encontro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario