miércoles, 21 de diciembre de 2011

lunes, 19 de diciembre de 2011

CLASIFICACION E RESULTADOS XORNADA 19ª

http://www.siguetuliga.com/?s=liga&id=22

O COLISTA SORPRENDE NO OUTEIRO

S.D. SAN MARTIÑO: Castro, Félix, Javi Peón, Bassir, Iván (Albertiño 55´), Toño, González (Marcos Lamas 80´), Marcos (Marco 55´), José Pereira, Javi Glez., Víctor.

CIRE MELIDE: Carlos, Fernando, Pucha, Dio, Bruno, Manu, Jorge, Peke, Boimorto, Ico, Garea. Tamén xogaron Luigi, Roberto e Santi.

0-1 Peke 45´.
0-2 Ico 70´.
1-2 Albertiño 87´.
2-2 Marco 90´.

Tarde fría en todos os aspectos no Outeiro; climático, ambiental e futbolístico con un colista que chegaba con so dous puntos sumados en dous empates e todo facía presumir que o partido sería fácil pos locais, pero como case sempre pasa o exceso de confianza, e por outra parte que o Cire non e o tan mal equipo como indica a táboa, propiciaron un resultado sorpresa que a falta de catro minutos pa rematar era de 0-2 e so un arreón final do SanMartiño arreglou en parte o desastre.
O primeiro tempo foi un completo aburrimento cas únicas incidencias dun choque entre Castro e o dianteiro do Melide do que o peor pardo foi o atacante cunha pequena brecha na ceja. As ocasións non aparecían en ningunha das duas porterías e so Ja vi cun remate a centro de Jose Pereira puxo en apretos a Carlos que respostou cunha boa intervención. Cando todo parecía indicar que non habería goles o Cire adiantouse cun gol de Peke nunha indecición da defensa local.

Na segunda metade os laranxas tentaron poñer cerco a meta do Melide pero o xogo non era fluido e so en arreóns e balón parado conseguían crear certo perigo. Javi Glez cun tiro o pooste e Albertiño a saída dun corner tiveron as mellores ocasións pos locais e os melidenses poideron poñer o segundo nun tiro o longueiro e o posterior rexeite saiu fora. Nunha destas idas e voltas Bassir cometeu un penalti sobre Boimorto e o 0-2 parecía sentenciar, pero nuns últimos 10 minutos tolos, primeiro Albertiño nun remate de cabeza a saida dun corner e logo Marco no tempo de desconto poñian o empate cas protestas dos visitantes por entender que o segundo gol viña precedido dunha falta sobre o porteiro.

lunes, 12 de diciembre de 2011

CLASIFICACION E RESULTADOS 18ª XORNADA

http://www.siguetuliga.com/?s=liga&fc=jornadaActual&id=22

SAN MARTIÑO ABRIU AS PORTAS DO CEO A BALONAZOS

S.D. SAN MARTIÑO: Castro, González, Toño, Alberto (Bassir 19´), Marcos, Javi Peón, Vichi (Iván 80´), Jose Pereira, Víctor (Félix 75´), Javi Glez., Marco. Cartóns marelos pa Vichi e Toño.
ATL. SAN PEDRO: Javi, Brais (Deus 77´), Marcos, Iago, Alex, Fran, Julián, Marín, Diego, Dubra (Jabato 80´), Abel (Manu 62´)

1-0 Alberto 18´.
2-0 Javi Glez. 68´.

Tarde tranquila po San Martiño que se impuxo claramente o Atl. San Pedro acadando así tres puntos que o sitúan no medio da táboa a mesma distancia do ascenso que do descenso.
 Foi o San Mariño dono do encontro dende o pitido inicial ahinda que a primeira ocasión foi para o San pedro cun  tiro lonxano de Brais que fixo intervir acertadamente a Castro. Pronto, os 18,´ poñería 0 1-0 no marcador o equipo local por medio de Alberto que nun corner se impuxo a defensa visitante rematando lonxe do alcance de Javi. Nesta misma xogada terminou lesionado o propio Alberto que foi remplazado por Bassir. Seguiu o equipo local creando ocasións e Vichi remata unha falta lanzada por Javi e o balón termina no fondo da portería pero o colexiado anula por fora de xogo. Ata o final do primeiro tempo Javi glez dispuxo de varias ocasión pa marcar pero o porteiro visitante, nunhas ocasións e o desacerto noutras mantiveron o marcador con ese escaso 1-0.
A segunda parte non tivo o ritmo nin o dominio por parte dos locais da primeira pero ahinda así José Pereira cun tiro que acabou no longueiro puido poñer o 2-0. O San Pedro chegaba esporádicamente e so Julián puxo en apretos a Castro con dous lanzamentos dende fora da área. Foi Javi Glez. quen sentenciou cun tiro cruzado logo de desfacerse da defensa cerrando así o encontro.

lunes, 5 de diciembre de 2011

CLASIFICACION E RESULTADOS 17ª XORNADA

http://www.siguetuliga.com/?s=liga&id=22

¡Ven que te abanico, bonita!



Gracias señor. Ten un abanico moi raro


















S.D. SAN MARTIÑO: Castro, González, Javi Peón, Bassir, Iván ( Marcos 68´), Toño, Vichi, Jose, Jose Pereira, Víctor, Javi Glez. Cartons amarelos: Vichi e Javi Glez.
ABELLA : Juan, Raposo, Nacho, Quinto, Pablo, Mandías, Tito, Iván, Garci (Javi 79´), Angel (Cachopal 69´), Linchu. Cartons amarelos: Iván, Linchu, Cachopal e o adestrador.

Atopábanse Abellá e San Martiño en segunda por primeira vez e o campo de Abellá rexistraba unha boa entrada con mais de 150 persoas no recinto que disfrutaron dun partido disputado e tenso como case todos os que enfrentan a estes dous equipos.
Foi o Abellá quen mais se aproximou a meta do San Martiño no primeiro tempo e pronto Garci mandaba un balón por enriba do longueiro logo de gañarlle as costas a defensa visitante. Linchu desbordaba ben pola banda esquerda e nunha destas puxo un centro que Angel rematou fora por pouco e mais tarde sería Tito o que mandaría o remate por encima do longueiro. O San Martiño aproximouse por medio de José Pereira que fixo un centro chut o que a punto estuvo de  chegar Víctor e xa chegando o final deste primeiro tempo era Javi Glez. quen o tentaba dende fora da área saindo o seu tiro cerca do poste .
Xa na segunda metade sucedéronse as alternativas ante as duas porterías comenzando cunha volea de Javi Glez que se foi alta. Responderon os locais e atopáronse con Castro que realizou varias paradas de mérito. Jose Pereira tras un centro de Javi Glez. e Jose logo dunha boa xogada entre Javi e Victor poideron adiantar os visitantes pero os seus remates saíron fora. Intentouno o Abellá cun lanzamento de falta que novamente Castro desviou a córner. Nos últimos minutos puido chegar a victoria do San Martiño logo de que Jose puxera un bo centro que Javi Glez. rematou e sacou un xogador local na línea de meta. Xa nos minutos finales Cachopal simulou unha caída reclamando penalti de Castro pero o colexiado ben situado regaloulle un carton amarelo o dianteiro local.