lunes, 12 de diciembre de 2011

SAN MARTIÑO ABRIU AS PORTAS DO CEO A BALONAZOS

S.D. SAN MARTIÑO: Castro, González, Toño, Alberto (Bassir 19´), Marcos, Javi Peón, Vichi (Iván 80´), Jose Pereira, Víctor (Félix 75´), Javi Glez., Marco. Cartóns marelos pa Vichi e Toño.
ATL. SAN PEDRO: Javi, Brais (Deus 77´), Marcos, Iago, Alex, Fran, Julián, Marín, Diego, Dubra (Jabato 80´), Abel (Manu 62´)

1-0 Alberto 18´.
2-0 Javi Glez. 68´.

Tarde tranquila po San Martiño que se impuxo claramente o Atl. San Pedro acadando así tres puntos que o sitúan no medio da táboa a mesma distancia do ascenso que do descenso.
 Foi o San Mariño dono do encontro dende o pitido inicial ahinda que a primeira ocasión foi para o San pedro cun  tiro lonxano de Brais que fixo intervir acertadamente a Castro. Pronto, os 18,´ poñería 0 1-0 no marcador o equipo local por medio de Alberto que nun corner se impuxo a defensa visitante rematando lonxe do alcance de Javi. Nesta misma xogada terminou lesionado o propio Alberto que foi remplazado por Bassir. Seguiu o equipo local creando ocasións e Vichi remata unha falta lanzada por Javi e o balón termina no fondo da portería pero o colexiado anula por fora de xogo. Ata o final do primeiro tempo Javi glez dispuxo de varias ocasión pa marcar pero o porteiro visitante, nunhas ocasións e o desacerto noutras mantiveron o marcador con ese escaso 1-0.
A segunda parte non tivo o ritmo nin o dominio por parte dos locais da primeira pero ahinda así José Pereira cun tiro que acabou no longueiro puido poñer o 2-0. O San Pedro chegaba esporádicamente e so Julián puxo en apretos a Castro con dous lanzamentos dende fora da área. Foi Javi Glez. quen sentenciou cun tiro cruzado logo de desfacerse da defensa cerrando así o encontro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario