lunes, 19 de diciembre de 2011

O COLISTA SORPRENDE NO OUTEIRO

S.D. SAN MARTIÑO: Castro, Félix, Javi Peón, Bassir, Iván (Albertiño 55´), Toño, González (Marcos Lamas 80´), Marcos (Marco 55´), José Pereira, Javi Glez., Víctor.

CIRE MELIDE: Carlos, Fernando, Pucha, Dio, Bruno, Manu, Jorge, Peke, Boimorto, Ico, Garea. Tamén xogaron Luigi, Roberto e Santi.

0-1 Peke 45´.
0-2 Ico 70´.
1-2 Albertiño 87´.
2-2 Marco 90´.

Tarde fría en todos os aspectos no Outeiro; climático, ambiental e futbolístico con un colista que chegaba con so dous puntos sumados en dous empates e todo facía presumir que o partido sería fácil pos locais, pero como case sempre pasa o exceso de confianza, e por outra parte que o Cire non e o tan mal equipo como indica a táboa, propiciaron un resultado sorpresa que a falta de catro minutos pa rematar era de 0-2 e so un arreón final do SanMartiño arreglou en parte o desastre.
O primeiro tempo foi un completo aburrimento cas únicas incidencias dun choque entre Castro e o dianteiro do Melide do que o peor pardo foi o atacante cunha pequena brecha na ceja. As ocasións non aparecían en ningunha das duas porterías e so Ja vi cun remate a centro de Jose Pereira puxo en apretos a Carlos que respostou cunha boa intervención. Cando todo parecía indicar que non habería goles o Cire adiantouse cun gol de Peke nunha indecición da defensa local.

Na segunda metade os laranxas tentaron poñer cerco a meta do Melide pero o xogo non era fluido e so en arreóns e balón parado conseguían crear certo perigo. Javi Glez cun tiro o pooste e Albertiño a saída dun corner tiveron as mellores ocasións pos locais e os melidenses poideron poñer o segundo nun tiro o longueiro e o posterior rexeite saiu fora. Nunha destas idas e voltas Bassir cometeu un penalti sobre Boimorto e o 0-2 parecía sentenciar, pero nuns últimos 10 minutos tolos, primeiro Albertiño nun remate de cabeza a saida dun corner e logo Marco no tempo de desconto poñian o empate cas protestas dos visitantes por entender que o segundo gol viña precedido dunha falta sobre o porteiro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario