![]() |
| ¡Ven que te abanico, bonita! |
![]() |
| Gracias señor. Ten un abanico moi raro |
S.D. SAN MARTIÑO: Castro, González, Javi Peón, Bassir, Iván ( Marcos 68´), Toño, Vichi, Jose, Jose Pereira, Víctor, Javi Glez. Cartons amarelos: Vichi e Javi Glez.
ABELLA : Juan, Raposo, Nacho, Quinto, Pablo, Mandías, Tito, Iván, Garci (Javi 79´), Angel (Cachopal 69´), Linchu. Cartons amarelos: Iván, Linchu, Cachopal e o adestrador.
Atopábanse Abellá e San Martiño en segunda por primeira vez e o campo de Abellá rexistraba unha boa entrada con mais de 150 persoas no recinto que disfrutaron dun partido disputado e tenso como case todos os que enfrentan a estes dous equipos.
Foi o Abellá quen mais se aproximou a meta do San Martiño no primeiro tempo e pronto Garci mandaba un balón por enriba do longueiro logo de gañarlle as costas a defensa visitante. Linchu desbordaba ben pola banda esquerda e nunha destas puxo un centro que Angel rematou fora por pouco e mais tarde sería Tito o que mandaría o remate por encima do longueiro. O San Martiño aproximouse por medio de José Pereira que fixo un centro chut o que a punto estuvo de chegar Víctor e xa chegando o final deste primeiro tempo era Javi Glez. quen o tentaba dende fora da área saindo o seu tiro cerca do poste .
Xa na segunda metade sucedéronse as alternativas ante as duas porterías comenzando cunha volea de Javi Glez que se foi alta. Responderon os locais e atopáronse con Castro que realizou varias paradas de mérito. Jose Pereira tras un centro de Javi Glez. e Jose logo dunha boa xogada entre Javi e Victor poideron adiantar os visitantes pero os seus remates saíron fora. Intentouno o Abellá cun lanzamento de falta que novamente Castro desviou a córner. Nos últimos minutos puido chegar a victoria do San Martiño logo de que Jose puxera un bo centro que Javi Glez. rematou e sacou un xogador local na línea de meta. Xa nos minutos finales Cachopal simulou unha caída reclamando penalti de Castro pero o colexiado ben situado regaloulle un carton amarelo o dianteiro local.



No hay comentarios:
Publicar un comentario