lunes, 2 de abril de 2012

QUE BEN SABE ESTE QUEIXIÑO DE ARZUA

S.D SAN MARTIÑO: Castro (Piqui 44´), Bassir, Alberto, Javi Peón, Félix, Toño (Víctor 30´), Iván (Nutxi 70´), Canedo (González 55´), Albertiño (Juan 80´), Jose Pereiro, Javi Glez.

0-1 Javi Glez. 25´.
1-1 52´.

Fantástico punto o conseguido polo SM na casa do intratable líder Arzúa pese a todos os atrancos que se lle presentaron durante o partido en forma de lesións, prácticamente todos os cambios foron por ese motivo. O Arzúa fixo valer a sua condición de mellor equipo da categoría e asumiu a iniciativa no xogo, disfrutando dunha maior posesión pero o SM soupo colocarse perfectamente no campo e mantivo a raia os atacantes locais. Así Javi nun lanzamento dende o medio campo sorprendiu o cancerbeiro do Arzúa e adiantou o SM dando folgos os laranxas que pronto iban a perder o seu primeiro home por lesión, concretamente Toño cun estiramento, pero os laranxas seguiron conservando a sua sobriedade e o Arzúa era incapaz de crear perigo. Xa cerca do final do primeiro tempo foi Castro o que abando nou o campo tamén lesionado e Piqui ocupou o seu lugar na portería.
Xa no segundo tempo o encontro seguiu ca misma tónica e o dominio territorial dos locais opoñíanlle perigoso contrataques os laranxas. Nun dos numerosos balóns parados que tivo o Arzúa conseguiu o empate o rematar un córner. As coasións caseque eran todas en xogadas de estratexia pero un contrataque do SM puido acabar non fondo das redes o rematar en propia porta un defensa do Arzúa un perigoso centro de Víctor.

1 comentario:

  1. As miñas felicitacions o todo o equipo do S.M.,espero que fagan pronto os puntos que lles fan falta pra estar tranquilos,mereceno po lo bo traballo que levan facendo todos,durante todo o ano.

    ResponderEliminar