martes, 9 de octubre de 2012

CLASIFICACION E RESULTADOS 6ª XORNADA

http://www.siguetuliga.com/liga/galicia-segunda-autonomica-grupo-2

O SANTO PASOU POR ENRIBA DA SANTA

S.D. SAN MARTIÑO: Piqui (Charli 80´), González, Félix, Cabezas, Alberto, Iván (Víctor 61´), Jose (Canedo 51´), Dubra, Damián (Marco 67´), Javi Glez., Marcos.
SANTA CRUZ. Nano, Mei, Temprano, Jon (J. Carlos 76´), Diego (Jacobo 58´), Cristián, Pedro, Víctor (Javi 62´), Guizmo, Novo (Portos 70´), Vidal (Lamas 48´)

1-0 Dubra 10´.
2-0 Marcos 17´.
2-1 Pedro 32´.
3-1 González 44´.

Partido dominado de principio a fin polo SM que se adiantou pronto por medio de Dubra tras un centro de Damián e pouco despois Marcos acadaba o segundo rematando unha boa asistencia de Javi Glez. dende a linea de fondo. Tardou en reaccionar o Santa Cruz e sería Pedro quen aproveitando un saque de banda mandou o balón a escadra nun bo remate de cabeza  ante o que nada puido facer Piqui. Pero pronto se lle acabaron os folgos os visitantes xa que González cun lanzamento dende a frontal da área poñía o terceiro e caseque cerraba o partido. Xa no segundo tempo os locais dominaron completamente a situación e puideron  incrementar o marcador pero unhas veces o desacerto dos dianteiros e outra as boas paradas de Nano impediron que se movese o marcador. O SM sitúase nos postos altos da táboa e mira de cerca os grandes favoritos.

martes, 2 de octubre de 2012

CLASIFICACION E RESULTADOS 5ª XORNADA

http://www.siguetuliga.com/liga/galicia-segunda-autonomica-grupo-2

OS DO SAN MARTIÑO ESTAN MAIS CURTIDOS

S.D. SAN MARTIÑO: Piqui, Félix, Bassir, Toño, Chaba, Iván,Javi Glez., Dubra, Albertiño, Víctor (Marcos 68´) Damián (Jose 61´)
C.D. CURTIS: Angel, Santos, Carlos, Miguelito, Alvaro, David, Iván, Oscar, Jairo (García 52´), Freire (Jacobo 63´), Modou.

0-1 Javi Glez. de penalti 52´.
1-1 Oscar de penalti 59´.
O SM trouxo un punto de Curtis e fai que a racha de resultados positivos continúe rondando os postos altos da táboa. Non foi un partido vibrante nin moito menos e as ocasións de gol foron escasas por ambolos dous lados, tan so Albertiño se achegou con perigo cando sorteou o porteiro pero o seu tiro foise por enriba do longueiro. No segundo tempo seguiu a mesma tónica en canto a xogo sen un claro dominador e o colexiado reparteu as penas maximas, unha por bando, que foron transformadas por Javi e Oscar. Xa cerca do final os visitantes a saída dos lanzamentos de corner dispuxeron de algunha ocasión de perigo pero todo rematou con reparto de puntos e boa recadación pa federación xa que o colexiado cansouse de mostrar cartóns, ata 10 polo menos, sen motivo xa que foi un partido limpo sen entradas nin malos modos por parte de ningún dos equipos.

lunes, 24 de septiembre de 2012

CLASIFICACION E RESULTADOS 4ª XORNADA

http://www.siguetuliga.com/liga/galicia-segunda-autonomica-grupo-2

OS DO SAN MARTIÑO SABEN NADAR E GARDAR A ROUPA

S.D. SAN MARTIÑO: Piqui, Félix, Bassir, Cabezas, Chaba, Iván, Albertiño (Canedo 84´), Jose Pereiro (Marcos 68´), Dubra, Javi Glez. (Víctor 78´), Damián (Marco 85´)
U.D. PAIOSACO: Rama, Maikol, Muiño, José Luis, Johny (Vicente 86¨), Chapu, Heber, Manu (Dani 72´), Carlos, Jairo, Pelucas.

1-0 Damián 74´.

Partido marcado pola choiva e o vento que nos acompañou o fin de semán e que condicionou totalmente o xogo dos dous equipos. Foi un partido no que os dous conxuntos  fixeron unha demostración de poderio físico ante as adversidades climatolóxicas nun campo cun cesped perfecto pero totalmente anegado que impedía a circulacióne e incluso o golpeo do balón. Ante estes condicionantes pouco mais se lle podia pedir os xogadores que entrega e tentar aproveitar algun rexeite ou algunha frenada do balón nas moitas pozas que había no terreo. E precisamente foi Damián o que no minuto 74 aproveitou un balón que se quedou parado pola auga nun envio longo e acadou o único gol do partido gañandolle a partida o defensa e burlando a desesperada saída de Rama, deixando os tres puntos no Outeiro que colocan o SM nos postos altos da táboa. Xa cerca do final o Peisaco tería unha boa oportunidade que sacaron entre Piqui e Bassir da liña de gol, reclamando os da vila das cereixas que o balón entrara pero o resultado non se moviu.
Os locais seguen a rendabilizar os seus goles e xa son o equipo menos goleado e tamen o menos goleador.

jueves, 20 de septiembre de 2012

CLASIFICACION E RESULTADOS 3ª XORNADA

http://www.siguetuliga.com/liga/galicia-segunda-autonomica-grupo-2

O SAN MARTIÑO NON PASOU POLO MATADEIRO

S.D. SAN MARTIÑO: Piqui, Félix, Bassir, Alberto (José Pereira 45´), Chaba, Toño (Canedo 57´), Iván, Dubra (González 45´), Albertiño, Javi Glez., Marcos (Víctor 60´)
O BURGO: Adrián, Iago, Brais (Apu 80´), Isma, Champi, Bruno, Edu (Yango 60´), Tono (Berti 65´), Dani, Borja (Carlitos 40´), Raulito.

Primeira victoria do SM a domicilio e boas sensacións as que ofreciu o equipo laranxa que controlou o encontro en todo momento mostrando unha gran seguridade defensiva e unha boa circulación de balón que fixo que os locais se viran impotentes pa chegar a porta de Piqui. Foi un partido de poucas ocasións e as mellores foron pos visitantes que se adiantarian no marcador nun contragolpe perfectamente levado por Marcos que pese a que se escorou demasiado resolviu de maneira fantástica mandado o balón a escadra do portal que defendía Adrián. Minutos despois sería Albertiño o que cunha preciosa vaselina rondase o 2-0 pero foiselle por centímetros. Na segunda metade pouco que contar xa que o SM non pasou apuros e pola contra puido incrementar o marcador nun tiro de Víctor que se iría o pau.

miércoles, 12 de septiembre de 2012

CLASIFICACION E RESULTADOS 2ª XORNADA

http://www.siguetuliga.com/liga/galicia-segunda-autonomica-grupo-2

ENTRE GONZALEZ COCIUSE A VICTORIA

S.D. SAN MARTIÑO: Piqui, Félix, Bassir, Cabezas (González 80´), Chaba, Toño, Albertiño, Javi Glez., Jose (Iván 46´), Marcos (Canedo 60´), Marco (Jose Pereira 46´)
C.D. LARIN: Suso, Rubio, Andrés, Rodri, Mitolis (Manu 73´), Maxi, Piris, Román (Martín 70´), Lepi (Galindo 54´), Ivo (Kun 82´), Balbís.

1-0 Javi Glez. 66´.
2-0 González 87´.

Partido tremendamente disputado con poucas ocasións claras na 1ª parte e cun dominio alterno o que poñía certa emoción a falta de oportunidades. Xa no segundo tempo os locais parecían impoñerse a base de un maior poderío físico e un mellor control do balón pero o Larín cun xogo mais directo poñía en algún apreto a zaga local. Nunha destas ocasións de control de balón por parte do SM Iván e Albertiño trenzaron unha bo a xogada cun pase atrás deste último que Javi Glez rematou lonxe do alcance po porteiro visitante Suso. Xa no treito final un sorprendente envío largo de González sorprendeu a Suso e cerrou o marcador pese a que o Larín dispuxo de unha ocasión inmellorable pero cando todos cantaban gol apareciu Piqui mandando o balón a corner e gañándose a mellor ovación da tarde.

MIKI

lunes, 3 de septiembre de 2012

CLASIFICACION E RESULTADOS 1ª XORNADA

http://www.siguetuliga.com/liga/galicia-segunda-autonomica-grupo-2

OS OBREIROS SACARON O TRABALLO A DIANTE

S.D. SAN MARTIÑO: Piqui, González, Bassir, Cabezas, Chaba, Toño, Albertiño, (José Pereira 85¨), Dubra, Marcos (Iván 70´), Javi Glez. (Félix 88´), Víctor (Marco 80¨)
DEP. OBRERO: Figo, Lozano, Criado (Eloi 56¨), Dario, Pablo (Dani 73¨), Charli, Dono (Denís 69´), Mariño, Gabi, Carlitos (Galán 73´), Danone.

1-0 Charli 35´.
1-1 Javi Glez. 60´.
2-1 Lozano 89´.

Partido dominado na 1ª parte polo Obrero apretando ben a saída de balón do SM. Adiantáronse no marcador os locais por medio de Charli e a vantaxe ahinda puido ser mais amplia pero o descerto da dianteira do Obrero nunhas ocasións e o acerto de Piqui en outras fixeron que o partido chegase o descanso cunha mínima superioridade local no marcador.
No segundo tempo os visitantes melloraron un pouco pero seguía sendo o Obrero o que levaba a voz cantante e dispoñia de mellores ocasións. Nunha das poucas ocasións visitantes apareciu González que dende a banda dereita puco un preciso balón que Javi Glez rematou de cabeza a rede. Complicouse ahinda mais o partido po SM ca expulsión de Dubra por doble cartón marelo e os de laranxa sufriron moito no tramo final ata que Lozano nos minutos finais acadou o segundo do Obrero e pese a que Marco no desconto rematou de cabeza rozando o pau os tres puntos quedaron en Oleiros.

lunes, 23 de abril de 2012

CLASIFICACION E RESULTADOS XORNADA 34ª

http://www.siguetuliga.com/?s=liga&id=22

HERCULES SEN FORZA, SAN MARTIÑO DIVINO

S.D. SN MARTIÑO: Piqui, Javi Peón, Bassir, Juan, González, Jose Pereiro (Jose 60´), Toño, Iván (Marco 65´), Víctor (Canedo 72´), Javi Glez., Albertiño.

0-1 Albertiño 55´.

Traballada victoria que prácticamente garantiza a permanencia, e decimos traballada non porque o Hércules creara moitos problemas, mais ben polo traballo que lle costa facer un gol a este SM que acumula ocasións pero non termina de encontrar as redes da portería contraria. Saía o SM sabendo da importancia de acadar os tres puntos e foronse impoñendo con claridade o Hércules que so se achegaría con perigo nunha ocasión que sacou en boa intervención Piqui dando tranquilidade os xogadores laranxas. Albertiño nunha ocasión e Javi González en duas case adiantan os visitantes pero unhas veces a falta de acerto e noutras o bo facer do cancerbeiro do Hércules abortaban os intentos dos laranxas. Iván cun tiro o pau puxo a mais clara deste primeiro tempo que acabou como empezara o partido. Xa no segundo Albertiño acertou a picar por enriba do porteiro un bo pase en profundidade de Javi Glez. dandolle vantaxe o SM. Ata o final mais ocasións desperdiciadas nos pes de Javi Glez e Albertiño pero o Hércules non inquedou en ningún momento a porta de Piqui que viviu uns segundos 45 minutos tranquilos.

lunes, 16 de abril de 2012

CLASIFICACION E RESULTADOS XORNADA 33ª

http://www.siguetuliga.com/?s=liga&id=22

NIN FEIRA NIN NENAS NIN PUNTOS

S.D. SAN MARTIÑO. Piqui, Félix, Bassir, Toño, Javi Peón, Javi Glez., Jose Pereiro (Iván 77´), Jose, Victor (Canedo 60´), Albertiño, Marco (Alberto 80´).
SAN TIRSO: Lema, Finidi, Santi, Galán, Rubén, Duarte, Felipe, Marcos, Berti (Ivo 65´), Fran (Sergio 80´), Paco (Rubén Tuset 65´), Pablo Graña (Angel 75´)

0-1 Paco 50´.
0-2 Berti 60´.
1-2 Toño 75´.
1-3 Rubén Tuset 80´.

Nova derrota do San Martiño na casa, esta vez a mans dun serio e próximo equipo de 1º autonómica, San Tirso que sacou a relucir todos os defectos dos locais. Nunha mañán desapacible e con mui pouca xente, xa que coincidía en horario cun interesante Depor - Celta e ademais ca Feira das Nenas, o SM deixaba escapar tres puntos e colócase a so catro dos postos de descenso polo que haberá que puntuar o vindeiro fin de semán en San Pedro ante o Hércules pa alonxar todos os fantasmas. No partido o primeiro tempo resultou igualado e so Albertiño tras un erro defensivo do San Tirso puido adiantar os locais nun man a man co porteiro pero non foi quen de materializar a ocasión. Xa no segundo tempo o San Tirso foi mais efectivo e adiantouse  tras unha boa combinación por banda que terminou cun remate repelido por Piqui en espectacular parada pero o rexeite foi parar os pes de Paco que acadou o 1º da tarde. Pouco despois un remate do San Tirso por medio de Paco bate en Toño e desvía a traxectoria acabando o balón no fondo da rede. Tentaron os locais reducir distancias e foi o propio Toño quen rematou un corner sacado por Javi poñendo o 1-2 no marcador que daba esperanzas. Co SM volcado o ataque colleron un contragolpe os do San Tirso e Rubén Tuset sentenciou acadando o 1 a 3 definitivo.

sábado, 14 de abril de 2012

XA NOS EMPEZAN A COPIAR TITULARES NOS PERIODICOS NACIONAIS

MARCA.COM  SABADO 14 DE ABRIL
FÚTBOL / LIGA ADELANTE. ALMERÍA 0-0 VILLARREAL B
Sin gol no hay paraíso

56
PABLO OBIS 13/04/12 23:13
La falta de pegada del Almería condena al empate al conjunto de Esteban Vigo en un encuentro en el que fueron superiores en todos los aspectos del juego. El equipo andaluz acusó en exceso las ausencias del 'Pichichi' Ulloa y de Henok Goitom. El Villarreal B suma, y sigue creciendo en su fútbol tan joven como descarado.

lunes, 2 de abril de 2012

CLASIFICACION E RESULTADOS 32ª XORNADA

http://www.siguetuliga.com/?s=liga&id=22

QUE BEN SABE ESTE QUEIXIÑO DE ARZUA

S.D SAN MARTIÑO: Castro (Piqui 44´), Bassir, Alberto, Javi Peón, Félix, Toño (Víctor 30´), Iván (Nutxi 70´), Canedo (González 55´), Albertiño (Juan 80´), Jose Pereiro, Javi Glez.

0-1 Javi Glez. 25´.
1-1 52´.

Fantástico punto o conseguido polo SM na casa do intratable líder Arzúa pese a todos os atrancos que se lle presentaron durante o partido en forma de lesións, prácticamente todos os cambios foron por ese motivo. O Arzúa fixo valer a sua condición de mellor equipo da categoría e asumiu a iniciativa no xogo, disfrutando dunha maior posesión pero o SM soupo colocarse perfectamente no campo e mantivo a raia os atacantes locais. Así Javi nun lanzamento dende o medio campo sorprendiu o cancerbeiro do Arzúa e adiantou o SM dando folgos os laranxas que pronto iban a perder o seu primeiro home por lesión, concretamente Toño cun estiramento, pero os laranxas seguiron conservando a sua sobriedade e o Arzúa era incapaz de crear perigo. Xa cerca do final do primeiro tempo foi Castro o que abando nou o campo tamén lesionado e Piqui ocupou o seu lugar na portería.
Xa no segundo tempo o encontro seguiu ca misma tónica e o dominio territorial dos locais opoñíanlle perigoso contrataques os laranxas. Nun dos numerosos balóns parados que tivo o Arzúa conseguiu o empate o rematar un córner. As coasións caseque eran todas en xogadas de estratexia pero un contrataque do SM puido acabar non fondo das redes o rematar en propia porta un defensa do Arzúa un perigoso centro de Víctor.

lunes, 26 de marzo de 2012

CLASIFICACION E REULTADOS XORNADA 31ª

http://www.siguetuliga.com/?s=liga&id=22

SEN GOLES NON HAI PARAÍSO

S.D. SAN MARTIÑO: Castro, Javi Peón, Bassir, Alberto, Félix, Toño, Albertiño, Javi Glez., González, Iván (Canedo 60´) e Marco (Jose Pereiro 70´)

Sigue a mala xeira de reultados po San Martiño e ahinda que o resultado non e de todo malo, o colchón que había con respecto o descendo cada día e mais fino polo que habería que mirar de ir sacando algunha victoria que nos dera o respiro definitivo e non deixar as cousas pos últimos partidos con nerviosismo que trae consigo non ter a permanencia asegurada. Decimos que non e un mal resultado porque dentro do malo o Burgo non recorta puntos e sigue a cinco. Do primeiro tempo como case sempre non se pode contar moito xa que como ven sendo habitual non se produciu nada relevante so un transcurrir de minutos sen nada relevante e con escaso perigo ante as porterías. Xa na segunda metade cambiou o asunto e o SM apretou creando unha chea de ocasions, pero unhas veces o escaso acerto dos rematadores e outra a escasa fortuna fixeron que non se acadse ningún gol. A lista de óportunidades de gol encabezana tres remates o pau por medio de Toño, Albertiño e Marco e opcións clarísimas de Javi González e o propio Marco que non acertaron diante da portería do Burgo. E como case sempre pasa cando fallas tanto soes perder o partido, pero afortunadamente Javi Peón sacou o balón debaixo dos paus de Castro cando xa cantaban o gol os visitantes, alo polo 86 de partido, algo que sería totalmente inxusto pero esto do fútbol non entende de xustiza senon de goles, algo que non se lles da moi ben os xogadores laranxas. Polo tanto a seguir sufrindo e tentar dar a sorpresa en Arzúa, ante o líder a vindeira seman.

lunes, 19 de marzo de 2012

CLASIFICACION E RESULTADOS XORNADA 30ª

http://www.siguetuliga.com/?s=liga&id=22

CORNADA O FINAL DA FAENA

S.D. SAN MARTIÑO: Castro, Bassir, Alberto, Juan  (José Pereiro 80´), Félix Javi Peón, Toño, González, Victor (Iván 60´), Javi Glez., Marco (Albertiño 65´)

1-0 15´.
1-1 Juan 43´.
2-1 80´.
2-2 Javi Glez. 91´.
3-2 93´.

Continúa a mala racha de resultados no San Martiño e desta vez foi o Boimorto o que no tempo de desconto se levou os tres puntos nun partido que como ven sendo habitual empezou dormindo o equipo de Pol e o Boimorto dominou o seu antoxo creando varias ocasións das que por so transformaron unha adiantándose no marcador. A defensa de 5 coa que empezou o encontro o SM non dou resultados e adiantou a sua posición un dos defensas equilibrando un pouco o xogo e igualando o partido o que trouxo o empate nun saque de corner ben finalizado por Juan a piques de chegar o descanso. Xa no segundo tempo o encontro foi mais parexo e incluso Javi puido adiantar os de laranxa pero nos últimos 10 minutos o encontro toleou e o Boimorto poñiase por diante acadando o empate o SM a rentes do final por medio de Javi. Cando todo indicaba que as taboas iban ser o marcador final o Boimorto gañou o partido aproveitando unha última ocasión que lle daba os tres puntos e o acerca os postos altos deixando o SM mais cerca dos postos baixos.

lunes, 12 de marzo de 2012

CLASIFICACION E RESULTADOS XORNADA 29ª

http://www.siguetuliga.com/?s=liga&id=22

O COLCHON DE PUNTOS ENCOLLE

S.D. SAN MARTIÑO:Piqui, González, Javi Peón, Juan, Alberto, José Pereiro (Canedo 80´), Iván (Félix 65´), Vichi, Albertiño, Javi Glez., Víctor (Marco 70´).
0-1 35´.
1-1 Javi Glez de penalti 70´.
1-2 de penalti 80´.

Contiúa o San Martiño ca racha de resultados negativos e nesta vol foi no Outeiro donde se viu sorprendido por un combativo Brexo Lema que aproveitou perfectamente as circunstancias do partido pa facerse cos tres puntos. Comenzou o encontro cun maior dominio do balón por parte visitante pero sin crear perigo na meta de Piqui. Pola contra os locais aproveitaban c alquer contragolpe pa achegarse con perigo o marco do Brexo e tanto Albertiño como Víctor dispuxeron de duas claras ocasións pa adiantarse no marcador pero foi o Brexo que se levou o gato a auga e acadou o gol pouco antes do descanso.
Xa no segundo tempo (60´) produciuse a xogada clave do encontro cando Piqui saiu a despexar un balón largo nun dos lados do campo adiantándose o dianteiro visitante e mandando o balón fora pero o colexiado nunha decisión inexplicable optou por expulsalo nunha xogada que non fora nin falta e ademais nun lateral do campo. A partir de ahí as xa consabidas protestas e incluso algún empuxón e Vichi que tamén sae expulsado quedando o San Martiño con 9. A pesar de todo esto nuns momentos en que o Brexo baixou a sua intensidade os locais achegáronse o marco visitante e logo dun claro penalti sinalado polo colexiado, Javi Glez empataría. Pero o trencilla non tiña o día e equivocouse nun novo lance e produxose un penalti  que o Brexo non desaproveitou, facéndose cos tres puntos. En definitiva pésima actuación arbitral e nula efectividade dos locais que como nas semáns anteriores seguen a fallar claras ocasións de gol.

miércoles, 7 de marzo de 2012

CLASIFICACION E RESULTADOS XONADA 28

http://www.siguetuliga.com/?s=liga&id=22

O SAN MARTIÑO NADOU PERO AFOGOU NA PRAIA DE MERA

S.D. SAN MARTIÑO: Castro, Félix, Javi Peón, Alberto, Juan, Vichi, Toño, González, Javi glez., Albertiño, Marco. Tamén xogaron Iván, Víctor e Canedo.

1-0 38´.
2-0 80´.

Sigue a mala racha po San Martiño que bota de menos os goles que o ano pasado acadaba Marco e pese a crear moitas ocasións escapanse os puntos. No primeiro tempo o San Martiño foi o dono do encontro pero ata en tres ocasións perdoaron diante do portal do Marino, en cambio os locais aproveitaron a única ocasión da que dispuxeron e adiantáronse no marcador. Neste período o colexiado non viu unhas claras mans dentro da área local. No segundo tempo a misma historia que no primeiro, dominio do SM e ocasións desaproveitadas nos pes de Albertiño, Juan ou Javi Glez., e a piques de chegar o final unha nova ocasión e efectividad total pos do Marino que gañaron claramente nun marcador que non reflexa o ocurrido no terreo de xogo.

martes, 28 de febrero de 2012

CLASIFICACION E RESULTADOS XORNADA 28ª

http://www.siguetuliga.com/?s=liga&fc=jornadaActual&id=22

ANTROIDADA

S.D. SAN MARTIÑO: Castro, Félix, Javi Peón, Marcos, Juan, Toño, Albertiño (Canedo 68´), Vichi, Jose Pereiro (Iván 64´), Javi Glez., Victor (González 61´).
DORNEDA C.F.: Rubén, Carlos, Adrián, Alejandro, Alex López, Carlos, Adrián, Fernando, Alberto (Marco 65´), Paolo (Juan 83´), Daniel.

0-1 Daniel 93´.

Como ven sendo habitual o primeiro tempo foi un regalo por parte do San Martiño que deixou que o Dorneda merodease a portería de Castro ahinda que sen grandes ocasións. Os locais ahinda ca sobremesa tomáronse un pequeno descansiño e esperaron que chegara o descanso pa meterse no partido e tentar achegarse a meta contraria cousa que tentaron especialmente dende a entrada de González que dende a banda poñía uns balóns que acarreaban moito perigo ahinda que sen resultado. A mais clara destas aproximacións do xogador da Ambroa foi cando cun percto pase da morte deixou o balón nos pes de Toño que dende o punto de penalti remata e xa co porteiro batido o balón da no pe dun defensor e sae fora. Pa rematar, a xogada desgraciada no desconto, nunha das escasas aproximacións do Dorneda neste segundo tempo, cun balón colgado que rechaza Toño ca mala sorte de que rebota na cabeza do xogador do Dorneda  Daniel  e acaba no fondo da portería dun sorprendido Castro que nada puido facer.

lunes, 20 de febrero de 2012

CLASIFICACION E RESULTADOS 26ª XORNADA

http://www.siguetuliga.com/?s=liga&id=22

O FUME DA REFINERIA NON DEIXA CARBURAR O SAN MARTIÑO

S.D. SAN MARTIÑO: Piqui, Gonzalez, Javi Peón, Bassir, Juan (Alberto 80´), Toño, Canedo (Félix 46´), Vichi, Albertiño (José Pereiro 63´), Iván (Marco 60´), Víctor.
SP. MEICENDE: Asier, Javi, Candame, Jorge, Taibo, Soto (Miki 82´), Varela (Brais 80´), Andrade, Figueroa (Pardo 85´), Diego (Carlos 89´), Rábade (Fuentes 87´).
1-0 38´.
Tarde desafortunada po San Martiño que non estuvo na sua línea habitual e viu como o Meicende se facía con tres puntos que lle dan unha bocanada de aire na sua loita por evitar o descenso. Os visitantes non crearon caseque perigo mentras os locais acercábanse esporádicamente a meta de Piqui, que volvía tras a sua lesión, tendo este que intervir ante Rábade que cruzou fora e sacando un remate a boca de xerro nos pes de Figueroa.  Xa no minuto 38 adiantouse o Meicende cun tiro raso ante o que nada puido facer Piqui. Ata o final so un acercamento por parte do Meicende cun tiro que mandou cunha boa estirada Piqui a córner.
No segundo tempo tentouno algo mais o SM pero careceu de profundidade e foron os locais quen contragolpeando se acercaban os dominios do porteiro visitante. Con todo esto puido chegar o empate nunha ocasión a piques de rematar o partido cando Félix, de chilena, rematou a saída dun corner pero o balón foise fora por pouco.

lunes, 13 de febrero de 2012

CLASIFICACION E RESULTADOS 25ª XORNADA

http://www.siguetuliga.com/?s=liga&id=22

SABADO SABADETE CAMISETA LIMPA E TRIPLETE

S.D SAN MARTIÑO: Castro, Javi Peón, Félix, Alberto, Juan, Toño, González (Canedo 85´), Vichi, José Pereiro (Albertiño 46´), Javi Glez. (Iván 80´), e Víctor Marco 70´).
MESON DO BENTO: Piña, Antonio, Bodelo, Adrián, Estebán, Sergio, Alberto, Gonzalo, Oscar (Víctor 45´), Suso, Manuel (iván 45´).

0-1 Suso de penalti 63´.
1-1 Javi Glez. de penalti 65´.
2-1 Javi Glez 80´.
3-1 Marco 90´.

Partido que se resume no ocurrido no segundo tempo xa que o primeiro transcurriu sen nada que contar cun lixeiro dominio local pero sen acercamentos a ningunha das porterías.
Despois do largo descanso (45 minutos do 1º tempo e 15 do intermedio) os locais saíron decididos a darlle intensidade o partido e por medio de González cun bo centro que Victor toca e Albertiño estrela contra un defensa. Tamén foi Gonzalez que puido adiantar o SM pero atopouse co porteiro que estivo atinado despexando co pe un tiro que buscaba a rede. No minuto 18 Juan cede a Castro quedándose o envio un pouco corto e Suso adiántase cometendo penalti o porteiro que tamén foi expulsado. Toño colocouse baixo os paus ata o final do partido e recibiu o gol do Meson no lanzamento do penalti por medio de Suso. Os locais lonxe de baixar os brazos foron a polo partido e case a renglón seguido unha clara man dun defensa do Mesón supon un novo penalti e nova expulsión esta vez a favor do SM perfectamente transformado por Javi Glez. Contrariamente o que fixera o SM o Meson si que se sentiu moi ferido polas circunstancias e os locais mais enteiros fisícamente acumularon chegadas a porta do Mesón que o seu porteiro resolviu con acerto ata que JJavi Glez. cun tiro cruzado dende a frontar acadou o 2 a 1 que facía xustiza no marcador. Marco cerca do final redondeou o resultado cun tiro dende case o medio campo por enriba do porteiro.

jueves, 9 de febrero de 2012

CLASIFICACION E RESULTADOS XORNADA 24ª

http://www.siguetuliga.com/?s=liga&id=22

AS MATEMATICAS NON SON EXACTAS - O SAN MARTIÑO METE CATRO O QUEIXAS NINGUN E EMPATAMOS

S.D. SAN MARTIÑO: Castro, Bassir, Alberto, Javi Peón, Félix, Toño, Vichi, Víctor, Iván (González 55´), Javi Glez. e Marco (José Pereira 55´)
C.D. QUEIXAS: Anxo, Iván, Junior, Villaverde, Maka, MInguilla, Alex (Alberto Pallas 80´), Mikael (Rubén 70´), Damián (Toñito 85´), Toti (Compi 60´) e Alvaro.

1-0 Remate de Alvaro que Alberto desvía a sua portería 20´.
2-0 Javi Peón en propia porta 35´.
2-1 Victor 50´.
2-2 Vichi 75´.

Derby intenso o xogado o domingo entre Queixas e San Martiño pero con unha gran deportividade e momentos de bo fútbol sobre todo por parte do San Martiño que logo de ir perdendo por dous a cero acadou unha remontada cun segundo tempo no que se mostrou superior o Queixas.
O primeiro tempo non dou moito de si xa que o Queixas a base de xogo directo foi o único equipo que tentou buscar o gol ahinda que sen moito acerto salvo polo feito de que os de laranxa foron os que batiron o seu propio porteiro nas duas ocasións nas que se moviu o marcador. O SM parecía fora do partido e o Queixas sen facer nada destacable puxose cun marcador cómodo que parecía asegurar os tres puntos.
Xa non segundo tempo todo cambiou e apareceu a "laranxa mecánica" que a base dun xogo bonito e efectivo conseguiu acadar o empate e dispuxo de ocasións para levarse a victoria nos pes de Alberto e sobre todo Javi cerca do final. O Queixas capeou o temporal como puido e tamén dispuxo de unha ocasión clara que Castro desbaratou ante Rubén.

lunes, 30 de enero de 2012

DUELO DE FEIRAS: AS NENAS COMERON AS CEREIXAS

S.D SAN MARTIÑO: Castro, Javi Peón, Bassir, Juan, González, Toño, Vichi (Marcos 75´), José Pereiro (Alberto 77´), Victor (Félix 80´), Iván (Canedo 65´), Javi Glez. (Marco 62´)
U.D. PAIOSACO: Borja, Muiño (Caamaño 85´), Alberto, JOsé Luis , Rober (Alex Rama 80´), Johnny, Balbís (Pelucas 75´), Leilán, Manu (Alex 60´), Jacobo , Costa.
0-1 Manu 20´.
1-1 Victor 25´.
2-1 Toño 42´.
3-1 Víctor 67´.

Victoria clara do San Martiño ante un rival de nombre que foi incapaz de crear auténtico perigo os locais. O primeiro tempo foi bastante igualado con alternativas e sen un claro dominador pero non se crearon ocasións claras e as creadas acabaron en gol. Adiantouse o Paiosaco os vinte minutos por medio de Manu pero esto non afectou os locais que acadaban o empate por medio de Victor o resolver ante o porteiro visitante un centro dende a dereita. A piques de chegar o descanso Toño recollía un rechace e poñía o balón lonxe do alcance do porteiro acadando o 2-1 nun momento clave. No segundo tempo os locais foron mellores e refrendárono no 67 logo dun bo pase de Javi Glez que novamente Víctor aproveitou cerrando o marcador. Ata o final intentos do Paiosaco pero sen grandes apuros e xusta victoria local que ronda os postos altos da clasificación.

lunes, 23 de enero de 2012

CLASIFICACION E RESULTADOS 22ª XORNADA

http://www.siguetuliga.com/?s=liga&id=22

CEROCERISMO EN CAMBRE

S.D. SAN MARTIÑO: Castro, González, Javi Peón, Juan, Marcos, Toño, Albertiño (Canedo 74´), Vichi, Marco (Iván 70´), Javi Glez., Víctor (José Pereiro 70´).

SP. CAMBRE: Pablo, Rafa, Anido, Arcas, Prosi, José, Michel, Alex (MIki 65´), Juli (Bruno 65´), Juan Doce, Brais.

O San Martiño acadou un traballado empate no desplazamento a Cambre, un dos equipos potentes da categoría, e fixo logo de relizar un partido serio, cun bo sistema defensivo e incluso puido traer os tres puntos nun treito final de partido no que dispuxo de unha clara ocasión nos pes de Canedo.
O dominio do encontro en canto a posesión do balón foi do Cambre que circulaba ben pero non era capaz de crear ocasións importantes e as poucas das que dispuxo atopouse cun inspirado Castro que mantivo a sua portería a cero. Nunha destas contadas ocacións Castro mandou o balón a corner rozando incluso o longueiro e no saque posterior o balon volveu a tocar a madeira logo de tocalo Toño. No saque de este corner o balón acabou non fondo da portería pero o colexiado xa pitara anteriormente por falta sobre o porteiro. Polo bando visitante so Albertiño cunha volea dende fora da área puxo algo de perigo.
No segundo tempo o San Martiño sacudiuse o dominio e achegouse a meta do Cambre e foi José Pereiro quen de chilena puxo o susto na cara dos  locais. Iván e Javi dispuxeron de remates que se foron por fora por pouco e finalmente Canedo tuvo a victoria nos seus pes pero o tiro saiu a rentes do pau..

lunes, 16 de enero de 2012

CLASIFICACION E RESULTADOS XORNADA 21ª

http://www.siguetuliga.com/?s=liga&id=22

O CARNOEDO IMPUXOSE CUN XOGO DE "ALTURAS"

S.D. SAN MARTIÑO: Castro, González, Toño, Juan, Félix, Vichi (iván 70´), Albertiño (Jose Pereiro 65´), Javi Peón, Víctor, Javi Glez., Marco.

0-1 23´.
1-1 Javi Glez. 30´.
2-1 Javi Glez. 52´.
2-2 60´.
2-3 70´
2-4 77´

O Carnoedo conseguiu 3 puntos de forma merecida. Comezou o partido de forma igualada, os locais tiveron algunha chegada clara (sobre todo un remate de Marco de cabeza) e os visitantes aprobeitaban o xogo directo para crear perigo, sobre todo nos saques de banda. Mediada a primeira metade os visitantes adiantaríanse mediante un penalti por mans de Juan.
Pouco despois Javi Gonzalez igualaría o partido tras unha boa xogada individual finalizada cun disparo raso dende a frontal. Asi chegouse ó descanso.
Xa na segunda metade Javi volve a marcar adiantandose á defensa tras un disparo de Gonzalez. Pero a alegría duraríalle pouco ós locais, xa que uns minutos despois o Carnoedo empataría tras un saque de banda e varios rexeites dentro da área. Pouco despois o Carnoedo adiantouse cunha xogada pola dereita que que o interior cruza ante Castro. Sentenciarían os visitantes con outra xogada embarullada tras outro saque de banda. O SM nunca se  dou por perdido e intentou recortar distancias ata o final e incluso tivo varias ocasións claras por medio de Toño e Gonzalez.
Como conclusion podemos decir que o Carnoedo conseguiu a victoria de forma merecida, xa que saben a que xogan e son un equipo moi serio. Aprobeitan moi ben o xogo directo, sobre todo os saques de banda. Ante esto os locais non puideron facer nada.

lunes, 9 de enero de 2012

CLASIFICACION E RESULTADOS 20ª XORNADA

http://www.siguetuliga.com/?s=liga&fc=jornadaActual&id=22

VICTOR MARCA E VICTORIA PO SAN MARTIÑO

S.D. SAN MARTIÑO: Castro, Javi Peón, toño, Bassir, Félix (González 55´), Albertiño (Marcos 72´), Vichi, Jose, Víctor (Iván 62´), Javi Glez. (Juan 85´), Marco.

0-1 Victor 35´.

Sentaronlle ben as vacacions o San Martiño que logo do tropezo ante o Cire acadou tres valiosos puntos nun campo complicado como e o de Larín adiantando a este na clasificación e situándose na parte alta da táboa. O primeiro tempo foi de dominio do San Martiño que puido adiantarse con ocasións de Albertiño e Marco o recoller rechaces da defensa visitante. Pese a todo non oubo grandes ocasións pa ningun dos dous equipos e so Victor conseguiu adiantar os visitantes.
No segundo tempo saiu o Larín con intención de remontar e dispuxo de algunha boa ocasión pero Castro controlou perfectamente os balóns que rondaron o seu marco. Foi Jose quen cerca do final foi obxeto dun claro penalti por parte do porteiro local que o colexiado non viu e o 0-1 mantuvose ata o final.